Cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento polo desfile de comparsas do Entroido

 

O Concello informa de que, con motivo do Desfile de Comparsas que terá lugar o martes 4 de marzo, estableceranse as seguintes medidas de tráfico:

Prohibición de estacionamento

A partir das 14:30 horas estará prohibido estacionar nas seguintes rúas:

  • Rúa Manuel Rodríguez
  • Rúa Domingo Bueno, en ambos marxes á altura do Parque Infantil e no marxe dereito desde o cruce da Pontenova ata a farmacia de Atios, en dirección Tui.
  • Rúa Ramiranes

Corte de tráfico

A partir das 18:30 horas procederase ao corte de tráfico desde a Rúa Manuel Rodríguez ata a Praza Central.

Rógase á veciñanza que respecte as indicacións e colabore para garantir o correcto desenvolvemento do desfile.

Grazas pola súa colaboración.

Restricións de tráfico e estacionamento pola actuación da orquestra París de Noia

 

O Concello informa que, con motivo da actuación da orquestra París de Noia, prevista para o domingo 2 de marzo ás 19:00 h, estableceranse diversas restricións de tráfico e estacionamento na zona.

Sábado 1 de marzo
Desde as 20:00 h, estará prohibido o estacionamento na rúa Domingo Bueno, no tramo comprendido entre a intersección coa rúa Pío XII e a intersección coa Avenida de Galicia.

Domingo 2 de marzo
Desde as 12:00 h ata as 6:00 h (madrugada do luns), producirase un corte de tráfico na rúa Domingo Bueno, afectando o mesmo tramo: desde a rúa Pío XII ata a Avenida de Galicia.

Recoméndase planificar os desprazamentos con antelación e seguir as indicacións da Policía Local para garantir a seguridade e a boa organización do evento.

Grazas pola vosa colaboración.

Aviso importante – Festas de Entroido 2025: Cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento para o 1 de marzo

 

O 1 de marzo, con motivo das festas do Entroido, haberá cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento nas seguintes zonas para garantir a seguridade e o bo desenvolvemento da celebración:

De 12:00 a 18:00 h.:

  • Corte de tráfico e prohibición de estacionamento na Rúa Xogo da Ola.

A partir das 15:00 h.:

  • Corte de tráfico e prohibición de estacionamento nas seguintes rúas:
    • Rúa Doantes de Sangue
    • Rúa Antonio Palacios (ata a Gulpilleira)
    • Rúa Domingo Bueno (ata a Fonte dos Ciclistas)
    • Praza de Fidenciano Palacín (con Manuel Rodríguez)
    • Rúa Ramiranes

Lembranza: Respectemos as indicacións de tráfico para garantir a seguridade de todos e para gozar ao máximo das Festas de Entroido

AVISO: Cortes de tráfico por obras no viario

O Concello informa de que, debido a traballos de asfaltado, procederase ao corte de tráfico nos seguintes tramos e datas:

🔹 Xoves 30 de xaneiro de 2025: Corte de tráfico en Camiño Fontevella, dende Pío XII ata o cruce de Domingo Buenos con Fernández Areal.

🔹 Venres 31 de xaneiro de 2025: Corte de tráfico en Fernández Areal, dende Domingo Bueno ata o cruce con Paz Varela.

Recoméndase empregar vías alternativas e desculpamos as molestias ocasionadas. Agradecemos a colaboración da veciñanza.

A Policía Local informa de cortes de tráfico no centro urbano

 

A Policía Local do Porriño informa de cortes de tráfico no centro urbano. Estas terán lugar o día de hoxe desde as 15:30 h ata as 20:00 h dende o número 1 da Rúa Domingo Bueno ata a intersección coa Rúa Pío XII para a montaxe da carpa da festa de pre fin de ano. O mesmo tramo cortarase novamente ao tráfico desde as 9:00 h do Sábado 30 ata as 6:00 h do Domingo 31.

O Concello do Porriño informa do corte ao tráfico da rúa Parque Infantil por mor do inicio das obras de humanización

 

 

  • Será a partir deste luns, 28 de agosto, permitíndose o acceso só ás persoas residentes

O inicio das obras de humanización do antigo campo da feira do Porriño trae consigo un corte do tráfico rodado na rúa Parque Infantil. Así dende o Concello informan que queda prohibido circular por este vía dende ás 08.00 horas do vindeiro luns, 28 de agosto. A restrición prolongarase previsiblemente por un período estimado de dous meses. As persoas residentes si terán acceso.

Cortes de tráfico no centro urbano pola celebración de Porrigalia

A Policía Local do Porriño informou hoxe dos cortes e restricións de tráfico que se aplicarán os 22, 23, 24 e 25 de xullo no centro urbano pola celebración de Porrigalia.
 
A avda. Domingo Bueno estará cortada ao tráfico e non se poderá estacionar, no tramo que vai dende o número 1 ata o cruzamento con Pío XII, dende as 9 h do sábado e ata as 9 h do luns. A prohibición de estacionamento nesta rúa estenderase ata o cruzamento con Fernández a partir das 15h do sábado e ata o luns.
 
Na rúa Pío XII estará prohibido estacionar dende o sábado en ambas marxes ata o acceso á rúa Fontevella e ás 12h procederase ao corte da rúa dende ese punto ata o cruzamento con Ramón González. Ambas permanecerán cortadas ao tráfico ata o mércores.
 
Dende o luns ás 12 h e ata o mércores ás 9 h cortarase ao tráfico e estará prohibido estacionar na rúa Antonio Palacios, dende o cruce con Enrique Peinador (sindicatos) ata o cruce con Pérez Leirós.
O luns, de 16 h a 19 h, cortarase tamén o tráfico na rúa Ramiranes dende a rotonda da Central ata o cruce coa rúa Estación.
 
En todos os casos, permitirase o acceso aos garaxes con vado.