Porriño sumase á campaña de saúde renal

O domingo 10 de marzo co gallo do Día Mundial do Ril , Porriño acollerá un obradoiro de prevención. En horario matinal de 10 ata ás 14 h, haberá unha carpa instalada na Praza Arquitecto Antonio Palacios, diante do Concello. Personal da Fundación Iñigo Álvarez de Toledo impartirá técnicas e exercicios de prevención e envellecemento activo. Os actos en Porriño continuarán o vindeiro xoves día 14 cun acto institucional ante o edificio consistorial. Participarán Eva García, alcaldesa de O Porriño e maila presidenta da antedita Fundación. Este año o lema da campaña é “Saúde renal para todos en todalas partes”.

Acto institucional do 8M en Porriño: A ALCALDESA EVA GARCIA AFIRMA QUE “AS MULLERES ESTAMOS ANTE UN ‘TEMPO DE EXCEPCION’ ”

“As mulleres estamos nun tempo de excepción: se nos chaman feminazis por defender os nosos dereitos, pois a moita honra porque o que queremos é facer as cousas do mesmo xeito que os homes”, dixo Eva García, alcaldesa de Porriño no acto institucional do 8M celebrado hoxe nesta vila.
“Vimos de ver o que ten pasado en Andalucia: a ameaza de partidos que pretenden arrebatarnos dereitos que creíamos ter gañado para sempre; por eso digo que estamos en tempo de excepción” manifestou na súa intervención diante da Casa Consistorial co gallo do 8 de Marzo.
“As mulleres fan Porriño”, lema da campaña institucional do Concello presidiu a concentración na que participaron hoxe varios centos de veciñas e veciños na praza Arquitecto Antonio Palacios. Eva García sinalou que “hoxe dou grazas por terme permitido ser a vosa alcaldesa e poder ver esta praza completamente chea de mulleres e homes de Porriño pedindo a igualdade”.


Tanto a alcaldesa de Porriño coma o goberno municipal, funcionarias e traballadoras do Concello sumaronse hoxe a folga xeral feminista para reclamar a igualdade real de oportunidades e dereitos entre homes e mulleres.
“Queremos ir polas ruas tranquilas; queremos cobrar o mesmo cos homes; non queremos que nos cosifiquen; queremos ter os mesmos dereitos que teñen os homes” engadiu na sua intervención a alcaldesa porriñesa. Finalmente invitou á veciñanza a sumarse esta noite á manifestación que terá lugar en Vigo para a que o concello fletou autobuses a fin de facilitar o transporte.
Eva García xunto coa concelleira de Servizos Sociais, Soledad Girón así como a concelleira non adscrita Sabela Landín e tamén representantes de “Eu son” fixeron uso da palabra no transcurso do acto que rematou ca entrega de rosas brancas a todalas mulleres que asistiron.
A campaña “As mulleres fan Porriño” continuará ata o 13 de marzo. Entre os diversos actos programados destaca a celebración dunha mesa redonda, prevista para o martes 12 que contará coa presenza de Leire Pajín, ex ministra de Igualdade; Carmen Avendaño, presidenta de “Erguete” e Carla Reyes, xornalista e presidenta de “Executivas Galicia”.