Dezaseis porriñeses menores de 30 anos concluirán mañan mércores a súa formación no Obradoiro de Emprego “Porriño Social” que se impartiu nos derradeiros seis meses no centro multiusos de Torneiros. Os participantes formaronse en atención sociosanitaria: oito de eles para prestar atención en institucions como centros de día; os outros oito para atención a domicilio.
Este obradoiro de formación para personas desempregadas menores de 30 anos, é unha iniciativa participada polo Concello de Porriño e pola Xunta de Galicia. Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño presidirá o acto de entrega de diplomas xunto cos representantes da Xunta de Galicia.
“Este ano cumpre suliñar que rachouse coa tónica de que a meirande parte dos participantes fosen mulleres e tamén houbo homes. Semella un bo sinal” valorou Soledad Girón, concelleira de Servizos Sociais do goberno municipal porriñés.
No acto de conclusión do obradoiro, que se celebrará mañan mércores 27, ás 10 horas no salón de plenos do Concello, os participantes recibirán un diploma certificado de profesionalidade con válidez estatal.