CONCLUIDA A VIAXE DO GRUPO DE ESTUDANTES FRANCESES DE INTERCAMBIO CON PORRIÑO

A comitiva de 16 estudantes franceses procedentes de Fronçac que visitaron Porriño durante unha semana concluiron hoxe sábado a súa presenza en Galicia e retornaron a mediodía por vía aérea, dende Oporto, ó seu país.
Tratábase da viaxe de devolución de visita á que fixeron previamente a Fronçac alumnos porriñeses do IES Ribeira do Louro e dos colexios “Hermanos Quiroga” e “Santo Tomás”, concretamente o ano pasado. Estas actividades desenrolanse ó abeiro do acordO de irmandamento que suscribiron o Concello de Porriño e a vila de Fronçac.
A xeito de despedida, na tardiña do venres, a comitiva de estudantes mailos profesores acompañantes e as familias que lles acolleron estes días participaron nunha recepción ofrecida polo Concello de Porriño. E como lembranza fixeron o posado que recolle a imaxe adxunta.


Orlando Márquez, concelleiro do goberno municipal foi o anfitrión debido a una indisposición da alcaldesa Eva García que disculpou a súa ausencia.
Na semana que a comitiva francesa permaneceu entre nós, coñeceron Santiago de Compostela; varias industrias do sector da pedra dos polígonos de Porriño; fixeron un treito do Camiño Portugués dende Tui e recibiron no rocódromo do Polideportivo Municipal unha clase escalada a cargo do alpinista Jesús Martínez Novas.

O CONCELLO ADQUIRE UN LOCAL NA RÚA FERNÁNDEZ LÓPEZ PARA AULA DA UNED EN PORRIÑO

O Concello de Porriño vén de adquirir esta semana un local de 260 metros cadrados na rúa Fernández López, nº 2 para radicar a aula da UNED que terá esta vila, dando cumprimento ó acordó plenario adoptado pola Corporación Municipal en maio de 2018.
A alcaldesa Eva García de la Torre firmou nunha notaría da cidade a escritura de compra-venda o pasado martes 16. O importe da operación é de 276.342 euros.
O Concello afrontou ese desembolso a través dunha operación de tesorería despois de vender varias parcelas municipais.
“A opción do aluguer dese local desestimouse pola previsible permanencia no tempo das actividades que vanse desenrolar e ademáis fronte á posibilidade de adquirir patrimonio para o Concello”, manifestou a alcaldesa de Porriño.
“A elección deste local na rúa Fernández López responde a súa ubicación estratéxica, ó carón do Centro Cultural Municipal e da Biblioteca o que permite un mellor aproveitamento e sinerxias entre eles” “E tamén cumprir co mandato do acordo plenario que demandaba que fose un local no centro do casco urbán” suliñou Eva García.
Conforme ás xestions realizadas polo Concello coa dirección da UNED e cos presidentes dos Polígonos Industriais de Porriño, a futura aula comprenderá o curso de acceso a maiores de 25 anos á Universidade así como o establecemento de cursos de formación e capacitación para prácticas en empresas.
O futuro aproveitamento do local xa está deseñado polos técnicos municipais conforme o proxecto elaborado do que mostramos dúas imaxes.

Concello de Porriño celebra que Patrimonio desbloquee a reconstrucción da capela de San Campio en Pontellas que se iniciará cunha subvención municipal de 50.000 euros

Eva García, alcaldesa de Porriño vén de recibir notificación da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia que comunica que levanta a cautela que establecera meses antes e que, polo tanto, por fin autoriza a reconstrucción da capela de San Campio, na parroquia de Pontellas.
Deuse a coincidencia de que o Concello de Porriño recibiu a notificación de Patrimonio xusto na mesma tarde que ocurría o gravísimo lume que afectou onte a catedral parisina de Notre Dame. Como no caso do templo francés, en Pontellas a capela de San Campio resultara gravemente afectada por un lume que se declarou na tarde do 16 de xullo do ano pasado, en plenas festas patronais. As lapas destruiron o teito e a estructura interior da capela e tamén bancos e algunhas das tallas religiosas.
Eva García agarda que as obras poidan acometerse o máis cedo posible para o que compre resolver o proxecto de reconstrucción que financiou o Concello de Porriño que ademáis aporta unha subvención de 50.000 euros que xa comprometera a alcaldesa cos vecinos e o párroco de Pontellas.
A ermita de San Campio, datada en 1838, “ten un valor moi importante para o patrimonio cultural e histórico de Porriño polo que a súa recuperación resulta primordial para este goberno municipal”, sinalou Eva García.

APRAZADA A FESTA INFANTIL DO MÉRCORES 17 DEBIDO Á MALA PREVISIÓN METEOROLÓXICA. ADIASE Ó SÁBADO.

O Concello de Porriño informa do aprazamento da Festa Infantil que dentro da programación do Abril Cultural ía celebrarse pasado mañán mércores 17. Á vista da mala previsión meteorológica para ese día, decidiuse adiar ó sábado 20 de abril.

A Festa Infantil celebraráse na Praza Arquitecto Antonio Palacios a partir das 17,30 horas co programa previsto de música, globoflexia, pintacaras e Os Minion.Tratase dun espectáculo patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

UNHA VIAXE TURISTICA A SANTIAGO ABRIU O PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA OS ALUMNOS FRANCESES DO INTERCAMBIO CON FRONÇAC

A comitiva de 16 estudantes franceses máilos dous profesores acompañantes partiron hoxe en autobús ata Santiago onde realizan unha ampla visita turística. Esta excursión á capital galega é a primeira das actividades culturais, de ocio e deportivas organizadas polo Concello de Porriño en colaboración co IES Ribeira do Louro e os colexios Hermanos Quiroga e Santo Tomé para este grupo de estudantes de intercambio procedentes da vila francesa de Fronçac.

A comitiva chegou onte a Porriño e recibiron un avasallo de benvida nas instalacions do Círculo Recreativo Cultural xunto coas familias porriñesas que aloxan nas súas casas ós estudantes galos, do mesmo xeito que fixeran familias francesas cos alumnos do IES Ribeira do Louro e os colexios Santo Tomás e Hermanos Quiroga que viaxaron o ano pasado ata Francia.

O programa de actividades continuará mañan martes cunha visita ás instslacions de  “Blokdegal” e outras empresas de transformación do sector da pedra en Porriño. Nos vindeiros días realizarán un treito do Camiño Portugués, entre Tui e Porriño ou recibirán unha clase de escalada no rocódromo do Polideportivo a cargo doalpinista Jesús Martínez Novas  O venres 19, a alcaldesa Eva García ofreceralles unha recepción no Concello coma despedida antes de que emprendan o día seguinte a viaxe de volta ó seu país.

Concello de Porriño, ABanca e Afundación asinaron o convenio que traerá a exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson ó Centro Cultural Municipal

A Alcaldesa de Porriño, Eva García e Paloma Vela, coordinadora adxunta da Area de Cultura de “Afundación”, Obra Social de ABanca suscribiron hoxe o convenio mediante o cal as tres entidades levarán a cabo a exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia». Á sinatura asistiron tamén Lourdes Moure, concelleira de Educación de Porriño e mailo director de oficina de ABanca en Porriño, Jorge Luís García.
A exposición, de entrada libre e gratuíta, inaugurarase o vindeiro 9 de maio no Centro Cultural Municipal onde se poderá visitar ata o 2 de xuño, de luns a venres en horario de 8.30 a 20.30 h.


Na mostra de fotografías seleccionadas para exhibirse en Porriño ocuparán un lugar sobranceiro catro imaxes que Anderson tomou na nosa vila e unha delas servirá como fondo para o programa de mán da exposición.
Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente Cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia


No que atinxe á exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» presenta un completo relato documental e antropolóxico da Galicia dosa nos vinte. Ruth Matilda Anderson recolleu en imaxes e en anotacións minuciosas o que atopou nas súas expedicións entre 1924 e 1926 pola Galicia interior e costeira. Acompañada polo seu pai, percorreu Galicia, aprendeu as linguas, castelá e galega, e os costumes, dirixiuse ás aldeas e falou coa xente. O seu trato tan próximo coas mulleres e homes de Galicia favoreceu que o seu traballo reflectise con tanto coidado e empatía a realidade galega dos anos vinte.

Firma de convenio co “Afundación” para exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson

O Concello de Porriño e Afundación, Obra Social de ABanca, firmarán mañán venres un convenio para traer a nosa vila a exposición fotográfica “Unha mirada de antano” de Ruth Matilda Anderson. As imaxes proceden do arquivo da institución “The Hispanic Society of America”, con sede en Nova Iorque, galardoada en 2017 co Premio Princesa de Asturias.

O acto de firma será ás 13 horas, no despacho da alcaldía coa presenza de Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño e directivos de Afundación e ABanca.

Ruth Matilda Anderson está considerada a pioneira das fotógrafas desa institución norteamericana. A exposición recolle as imaxes que recolleu entre 1924 e 1926 que evidencia as costumes do pobo galego e constitue un excepcional material antropolóxico.

Exhibirase dende o 9 de maio  ata o 2 de xuño. No Centro Cultural e Municipal.

PRESENTACION DO MERCADO DE PRIMAVEIRA “EKOHUERTA” QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO SÁBADO 13

A Alcaldesa de Porriño, Eva García xunto coa concelleira de Servizos Sociais, Soledad Girón e mailos responsables da empresa “Ekohuerta” e da AVV San Benito e San Sebastián presentaron hoxe no Concello de Porriño a séptima edición do Mercado de Primaveira que se vai celebrar o vindeiro sábado 13 de abril na rúa Manuel Rodríguez.
“Tratase dunha iniciativa que celebramos dende o Concello por que promociona a vida saudable, a conciliación co noso entorno e ademáis de ser unha actividade que contribue á dinamización da vila de Porriño. Para este goberno municipal é un pracer colaborar con vos e temos que darvos as grazas porque iniciativas deste tipo dinamizan a vida social, comercial e cultural de Porriño”, suliñou a alcaldesa García de la Torre.


Previamente Manuel Nieto, responsable de “Ekohuerta” explicou que o Mercado de Primaveira “aposta polo producto ecolóxico, sán e sostible” e indicou que no programa desta edición “imos facer un esforzo divulgativo entre os nenos cun taller de elaboración de pizzas artesás para rapaces de 3 ata 15 anos para que coñezan a comida sán e respetuosa co entorno”. dixo.
Pola súa banda Carmen Rodríguez, presidenta da AAVV San Benito e San Sebastián agradeceu á alcaldesa “a colaboración que nos brinda o Concello de Porriño para manter este evento que, incluso a nós, sorprende que chegara xa á séptima edición”.

V FESTIVAL DE COROS

O Concello de Porriño, a través da Escola Municipal de Música, organiza, coa colaboración da Deputación Provincial, a quinta edición do “Festival de Coros” que se celebrará mañán xoves no Círculo Recreativo e Cultural da vila.
Actuarán o Coro Polifónico de Entenza (de Salceda de Caselas); o Coro Voces de Chenlo de Porriño e a Coral Polifónica da Escola Municipal de Música de Porriño. A partir das 19,30 horas con entrada de balde ata completar aforo.