O Porriño en fase 2: medidas de control no acceso ao Concello e reincorporación do persoal nos departamentos municipais

Dende hoxe luns 25, coa entrada de Galicia na fase 2 do plan de desescalada, o Concello do Porriño comeza unha progresiva normalización da súa actividade e servizos.

Unha das novidades é un pórtico de control de temperatura e medidas de hixiene para as persoas que accedan ao interior do edificio consistorial. Un conserxe encargase de controlar o acceso que debe ser perante cita previa.

Dende hoxe restablecese a atención persoal en cada un dos departamentos e negociados sempre con cita previa e cando non sexa posible resolver por teléfono ou vía telemática.

Para solicitar atención personalizada perante cita previa, compre que se teñan en conta os seguintes teléfonos:

-para Servizos Sociais, pedir cita no número 986 334621

-para a Unidade de Atención a Drogo dependentes (UAD), no 986 330861

-para a Policía Local, no 620 40 40 40

-para todos o demais servizos, a través de centraliña no número 986 33 5000

 

Hoxe reincorporouse a meirande parte da plantilla. Están exceptuados o persoal pertencente aos colectivos considerados vulnerables e aqueles outros, suxeitos a a algún dos supostos de conciliación.

A Concellería de Cultura programou actividades diversas para celebrar O Día das Letras Galegas 2020 adicado a Carvalho Calero

A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello do Porriño deseñou unha programación de celebración do Día das Letras Galegas, con propostas varias para públicos diversos, axeitada ás limitacións que impón o estado de alarma.


Un deles foi un concurso de debuxo infantil baixo o lema “Debuxa celebrando o Día das Letras Galegas”. Os traballos remitidos ata o pasado 10 de maio polos rapaces e rapazas participantes, xa están publicados na web do departamento de Cultura.

Debuxa celebrando o Día das Letras Galegas

Por outra banda, a Biblioteca Municipal sumouse á celebración do Día das Letras coa publicación nas súas redes sociais de sete post, un por día, que rematará o mesmo domingo 17, destacando os sete aspectos máis salientables de Carvalho Calero.


Outra das iniciativas da programación da Concellería de Cultura foi “Voces para Ricardo Carvalho Calero”, unha actividade de declamación. A través das voces de veciñas e veciños do Porriño e contorna, dáse a coñecer a obra deste autor. O resultado desta lectura plural pódese comprobar nun vídeo que tamén está colgado na web de Cultura.

Por último, a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística proponnos un xogo de nivel de coñecemento sobre o autor homenaxeado este ano coa ocasión do Día das Letras Galegas que se celebrará o vindeiro domingo 17 de maio.
Trátase de comprobar canto se coñece de Ricardo Carvalho Calero e pódese facer en familia e cos amigos. A Concellería advirte que este xogo está optimizado para a súa execución en computadores ou tablets, mentres que en teléfonos móbiles ou smartphone poden aparecer algúns erros de visualización debido ao pequeno formato destes dispositivos.

A Concellería de Cultura propón un xogo de nivel de coñecemento sobre Ricardo Carvalho Calero coa ocasion do Día das Letras Galegas

A Concellería de Cultura e Normalizaci´pon Lingüística do Concello do Porriño ven de anunciar un xogo de nivel de coñecemento sobre Ricardo Carvalho Calero, o autor homenaxeado este ano coa ocasión do Día das Letras Galegas que se celebrará o vindeiro domingo 17 de maio.

Trátase de que demostres os teus coñecementos, de achegar información sobre esta figura das letras galegas e que poidas comentalo coa túa familia e amigos.

A Concellería advirte que este xogo está optimizado para a súa execución en computadores ou tablets,
En teléfonos móbiles ou smartphone poden aparecer algúns erros de visualización debido ao pequeno formato destes dispositivos.

Deixamos o enlace para que vois animedes a xogar.

A Biblioteca Municipal aínda non abre

A Biblioteca Municipal do Porriño aínda non abre a pesar de que hoxe xa podería en aplicación da fase 1 do Plan de Desescalada.

“Desde a Concellería de Cultura informase que estamos acondicionando as instalacións segundo o publicado no BOE Núm.130 do sábado 9 de maio do 2020, polo que non se realizará a re-apertura da biblioteca, ata que sexa un espazo seguro de contaxio de Covid-19”, segundo explicou Cami Moreira, concelleira de Cultura.

A Biblioteca Municipal publicará 7 posts adicados a Ricardo Carvalho Calero coa ocasión do Día das Letras Galegas



A Biblioteca Municipal do Porriño aproveita a celebración do Día das Letras Galegas 2020 para dar a coñecer a figura do autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero. Para iso, ao longo dunha semana, irá publicando en internet 7 posts diarios de luns a domingo (17 de maio, Día das Letras Galegas), onde destacará os 7 aspectos máis salientables deste personaxe sobranceiro da cultura galega. Os posts publicaranse nas redes sociais da Biblioteca Municipal do Porriño.

No ano 2020 decidiuse adicar o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago, 1990), coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e os 30 anos do seu pasamento. Está considerado unha das figuras senlleiras da nosa cultura, un intelectual polifacético que destacou como escritor, crítico, profesor e lingüista, pero sobre todo como a persoa que logrou a canonización da historia da literatura galega.

https://bibliotecadoporrino.com/2020/05/10/7-post-sobre-carballocalhero/

O Concello convoca un concurso de debuxo coa ocasión do Día das Letras Galegas

Coa ocasión do Día das Letras Galegas, o Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, quere animar a todas as nenas e nenos á participar no concurso “DEBUXA CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS”.

Todos aqueles debuxos publicados serán agasallados cun lote de libros.
Cada debuxo debe estar titulado e de temática relacionada co Día das Letras Galegas e co autor homenaxeado este ano, Ricardo Carballo Calero

Dadas as actuais circunstancias excepcionais que estamos a pasar e tendo en conta que neste momento os nenos e nenas están nas casas coas súas familias, “parécenos que esta é unha actividade que ao tempo que entretén, axuda ao coñecemento desta celebración tan significativa en Galicia”, segundo valorou Cami Moreira, concelleira de Cultura e Normalización Lingüística.

As bases de participación pódense consultar no seguinte enlace coa páxina web do departamento de Cultura do Concello.

Debuxa celebrando o Día das Letras Galegas

O departamento de Cultura do Concello celebra o Día Internacional da Danza coa colaboración de Janet Novás, bailarina e coreógrafa porriñesa

Hoxe, 29 de abril, celebrase o Día Internacional da Danza, efeméride que o departamento de Cultura do Concello lembra dun xeito especial na súa web cunha programación que vencellamos nun enlace a pé de páxina.

Nesta ocasión, a Concellería de Cultura solicitou a colaboración da bailarina, coreógrafa e profesora de danza porriñesa, Janet Novás que gravou un vídeo cunha mensaxe especialmente dirixida á poboación que aínda debe manter a corentena nas súas vivendas.

Na web de Cultura tamén hai unha referencia a outro porriñés, Juan Antonio Carrera Figueroa que marchou en 2003 a Madrid onde completou a súa formación e desprega a súa carreira artística participando nos repartos de diversos musicais como actor, cantante, bailarín e coreógrafo.

En 1982, por iniciativa do Comité Internacional de Danza, foi proclamado pola UNESCO o 29 de abril como Día Internacional da Danza. A data escollida corresponde ao nacemento do bailarín e coreógrafo Jean-Georges Noverre.

Día Internacional da Danza 2020

A Concellería de Xuventude apoia o concurso “Celebra con nós o Día do Libro”

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Xuventude, expresa o seu apoio ao concurso “Celebra con nós o Día do Libro”, promovido pola Xunta de Galicia.
Desde a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, organizouse un sorteo na canle de Instagram de Xuventude: @XuventudeGalicia (#DíaDoLibro).

O concurso consiste en dicir a quen lle regalarías un libro neste día e participando pódese conseguir un dos 10 vales de 40€ que sortea a Xunta de Galicia para gastar nas librarías asociadas ao Carné Xove, unha vez abran de novo de xeito físico

Para participar premer no seguinte enlace.

 

 

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18714-celebra-dia-do-libro

Vídeo4# Porriñodeportenacasa: Ana Cristina Oya, do Club Patín Porriño, incorpora nesta quenda unha clase de baile


Publicamos hoxe a cuarta quenda quenda do ciclo de vídeos de #Porriñodeportenacasa. Ana Cristina Oya, segunda adestradora do Club Patín Porriño, amósanos unha sinxela clase de baile para axudarnos a facer exercicio e levar mellor a corentena.

Lembramos que o Concello, a través da Concellería de Deportes e coa inestimable colaboración dos clubs locais, iniciou o pasado venres 17, este ciclo baixo o hashtag #Porriñodeportenacasa. Coa participación dos preparadores e técnicos dos diferentes clubs porriñeses, ofrecemos diversas rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades.

Nas tres entregas anteriores foron Ana Alonso, preparadora física do Balonmán Porriño , Xoel Souto, da U.D. Atios e Mary Atós do Club Patín Porriño, os encargados de darlles pautas de mantemento físico.

https://youtu.be/MZPfmUF2c5U