A Concellería de Festexos comunicou que, tendo en conta as previsións meteorolóxicas adversas para este sábado día 2, a final do Concurso “Trivium Porriño” trasladarase ao pavillón escolar “Fernández López”. Pode asistir público, aínda que haberá aforo limitado A final xogarase entre as 18:00 e as 20:30 horas coas catro parellas que vemos nas imaxes adxuntas, que obtiveron a súa clasificación nas quendas anteriores. Os gañadores acadarán un premio de 300 € para consumir no comercio e na hostalería locais. 200 € para segunda clasificada e 100 € para a terceira. “Trivium Porriño”é un xogo similar ao “Trivial” pero personalizado na nosa vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre Porriño. Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento.
Trátase dunha nova proposta de lecer durante as Festas do Cristo que fai a Concellería que dirixe Cami Moreira, organizada pola OMIX do Porriño e coa colaboración da produtora “Especialistas Hípica Celta”.
A alcaldesa Eva García fixo un chamamento aos veciños e veciñas da área metropolitana de Vigo para que acudan o vindeiro domingo, 3 de outubro, a participar e gozar da Festa dos Callos en Porriño, que porá o broche final ás Festas do Cristo.
A Festa dos Callos, que chegará á súa 28a edición, está organizada pola asociación local de comerciantes (Acipor) e a asociación de hostaleiros (Ahospor).
Un evento gastronómico que combina dous produtos icónicos do Porriño: callos e pan, segundo argumentou a alcaldesa.
Este ano participarán 35 establecementos de hostalería da vila, o que en opinión do presidente de “Ahospor” mostra unha recuperación do sector “co que a pandemia non foi capaz”, dixo José Manuel Fernández.
Pola súa banda, Noelia Conde, xerente da asociación de comerciantes, agradeceu ao Concello do Porriño a súa colaboración e apoio e apelou a “celebrar estes eventos para recuperar a normalidade”.
Mentres que o concelleiro de Comercio, Sergio Casal destacou que o prezo da ración de callos, con pan e cazola incluídos, será de 7 euros, o que “é un prezo moi simbólico e barato polo que dan e polo traballo que lles dá”.
Na seguinte ligazón aparece a relación de establecementos participantes e outros datos de interese
A parella formada por Silvia Fuentes e Angel Portela foi a cuarta e, polo tanto, a última en clasificarse para a final do xogo “Trivium Porriño” As catro parellas clasificadas, que vemos nas imaxes adxuntas, son as que competirán na gran final que se celebrará o vindeiro sábado 2 de outubro. Os gañadores acadarán un premio de 300 € para consumir no comercio e na hostalería locais. 200 € para segunda clasificada e 100 € para a terceira. “Trivium Porriño”é un xogo similar ao “Trivial” pero personalizado na nosa vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre Porriño. Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento.
A Concellería de Cultura e Festexos informa que, debido á mala previsión meteorolóxica desta fin de semana, se traslada o concerto das Tanxugueiras previsto para o domingo 26 de setembro ás 21 horas.
A nova localización será o Pavillón Municipal do Porriño. A partir das 19.30 horas abriranse as portas do pavillón con control de capacidade.
Esta actuación pertence ao Programa Musigal 2020/2021 da Deputación de Pontevedra.
A Concellería de Festexos comunica que hai varios cambios de localización para diversos eventos das Festas do Cristo, debido ás previsións de mal tempo para hoxe e mañá.
Indicamos algúns:
-as eliminatorias do concurso “Trivium Porriño”: tanto hoxe, venres 24 como mañá, sábado 25, trasládanse ao pavillón escolar “Fernández López”, á mesma hora (de 18 a 20.30 horas).
– Aprazamento do concerto “Classic Mitic” que non se celebrará esta noite. En breve comunicarase unha nova data.
– Pregón das Festas: trasládase á carpa da explanada “Roxy”. Sábado 25, ás 13.00 horas.
– Concerto da Banda de Música Popular de Tui. Será na carpa da explanada “Roxy”, despois do pregón. Arredor das 13:30 horas.
– VII Festival “Montando Cristo”. Definitvamente aprazouse. Próximamente comunicarase nova data.
Hai outros cambios na localización dos eventos previstos para o domingo 26 que se poden consultar e actualizaranse na páxina web de Cultura.
A Concellería de Festexos informa que, debido á previsión meteorolóxica, decidiu cambiar o lugar onde se celebrarán as dúas próximas quendas de clasificación do xogo “Trivium Porriño”, previstas para o venres 24 e o sábado 25. Terán lugar no pavillón do colexio “Fernández López” onde se instalará o escenario para o desenvolvemento das dúas probas. Haberá público con aforo limitado.
Mantense a hora prevista, a partir das 18.00 horas, os dous días.
As dúas primeiras quendas celebraronse a fin de semana pasada no Parque do Cristo.
“Trivium Porriño” é un xogo similar ao “Trivial” pero personalizado na nosa vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre Porriño. Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento.
“A infografía do escenario do xogo vai centrada no Pan do Porriño e na súa receita como referencia á nova meta acadada coa concesión da Marca Protexida Pan do Porriño”, segundo sinalou Cami Moreira, concelleira responsable.
Organizan a Concellería de Festexos e a OMIX do Concello de Porriño, coa produción de “Especialistas Hípica Celta”. Trátase dunha nova proposta de lecer que se desenvolve na programación das Festas do Cristo 2021.
Esta fin de semana clasificáronse as dúas primeiras parellas nas probas de eliminación para acceder á final do concurso TRIVIUM PORRIÑO que terá lugar o sábado 2 de outubro
Nas dúas eliminatorias celebradas sábado e domingo participaron oito parellas que xogaron no escenario habilitado no parque do Cristo. Na quenda matinal, as gañadoras foron Paula e María. Na quenda de tarde, os gañadores foron Alejandro e David.
Os vindeiros días 24 e 25 celebraranse as dúas seguintes quendas coa participación doutras oito parellas inscritas neste certame que outorgará premios para consumir no comercio e na hostalería locais. 300 € para a parella gañadora; 200 € para segunda e 100 € para a terceira.
“Trivium Porriño”é un xogo similar ao “Trivial” pero personalizado na nosa vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre Porriño. Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento.
“A infografía do xogo vai centrada no Pan do Porriño e na súa receita como referencia á nova meta acadada coa concesión da Marca Protexida Pan do Porriño”, segundo sinalou Cami Moreira, concelleira responsable.
Organizan a Concellería de Festexos e a OMIX do Concello de Porriño, coa produción de “Especialistas Hípica Celta”. Trátase dunha nova proposta de lecer que se desenvolve na programación das Festas do Cristo.
A segunda edición da “Batalla de Debuxantes Improvisdados”, celebrada no Parque do Cristo, concluíu coa vitoria de “Makinoteka”, artista madrileño, por decisión do xurado do certame.
A segunda posición foi para “Sedo”, de Vigo e o terceiro posto para “Dusem”, de Ourense.
Os tres finalistas restantes do concurso foron “Tremze” (Francia); Tamara Baz (A Guarda) e “BTO” (Madrid).
A Concellería de Festas e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX do Porriño), organizaron o segundo concurso “Improvisdado, Batalla de Debuxantes”, dentro da programación das Festas do Cristo. A final tivo lugar esta tarde nun escenario preparado para tal efecto no Parque do Cristo.
A produtora do evento, “Vella Escola”, preparou un escenario onde os seis finalistas tiveron que improvisar un deseño artístico cos utensilios proporcionados.
O xurado que valorou o seu traballo estivo formado por “O Ras” (gañador do concurso en 2020), así como os artistas Pow One e Sax.
A concelleira de Festexos, Cami Moreira realizou a entrega de agasallos e trofeos aos seis finalistas.
A Concellería de Festas e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX do Porriño), organizadores do segundo concurso “Improvisdado, Batalla de Debuxantes”, anuncian os últimos preparativos desta segunda edición que terá lugar o 18 de setembro, dentro da progrmación das Festas do Cristo.
A produtora do evento, “Vella Escola” distribuíu un vídeo co trofeo deseñado para premiar ao gañador entre os seis participantes seleccionados para competir na final.
O acto terá lugar o vindeiro sábado, no Parque do Cristo, a partir das cinco da tarde. A produtora preparou un escenario onde os seis finalistas terán que improvisar un deseño artístico cos utensilios proporcionados. Serán valorados por un xurado formado por “O Ras” (gañador do concurso en 2020), así como os artistas Pow One e Sax.
A animación do evento estará a cargo de DJ Santi nos pratos, e Tai Beatbox ao micrófono.
As Festas do Cristo, os festexos principais do Porriño, comezan esta noite coa celebración da carreira ciclista “A Nocturna” e a partir do sábado e o domingo coa feira de oportunidades “Merca na rúa”. E concluirán o domingo, 3 de outubro, coa celebración da XXVIII Festa dos Callos na que este ano participarán preto de trinta establecementos de hostalería, cun prezo de 7 euros por ración que inclúe o pan e a cazola de recordo.
Cami Moreira, concelleira de Cultura e Festas, que hoxe fixo a presentación oficial do programa, afirmou que “necesitamos festas, con serenidade, e socialización, dentro dos límites dos protocolos sanitarios”. Moreira dixo que neste segundo ano de celebración en pandemia, coa experiencia adquirida, “todas e todos necesitamos vivir unha normalidade, particularmente que os nenos tamén vexan esa normalidade”, engadiu.
En canto ao programa, a concelleira destacou a celebración de numerosos eventos ao aire libre, ata en seis lugares diferentes. Serán a Praza do Concello, o Parque do Cristo, San Sebastián, o auditorio ao aire libre do Centro Cultural Municipal, a carpa instalada na explanada de Roxy e, finalmente, o aparcadoiro do velódromo municipal que albergará unha sesión de auto-cine coa proxección das curtas finalistas no último Festival de Cans.
Entre as actuacións musicais que están programadas, Cami Moreira destacou a presenza o domingo 26, do grupo de cantareiras “As Tanxugueiras”, de máxima relevancia por ser as que lideran coa súa canción “Figa”, os votos dos seguidores a representar España no Festival de Eurovisión 2022.
Entre as novidades do programa, Cami Moreira destacou o “Trivium Porriño”, un xogo de “trivial” sobre o municipio que poñerá a proba o coñecemento sobre Porriño das parellas que participen nas sucesivas eliminacións que comezarán o domingo 19.
Finalmente, a concelleira anunciou que haberá uns pregoeiros moi especiais: Antonio Palacios e Corona Gónzalez, encarnados polos actores que interpretan a ambos personaxes nas visitas guiadas dedicadas ao arquitecto porriñés durante este ano 2021. O acto do pregón será o sábado 25, ás 13 horas, no que suporá o inicio da Semana Grande das Festas que inclúe o festivo local do luns 27 e que rematará o domingo 3 de outubro, “O Recristo”.