Finalmente serán 36 os establecementos que participarán no vindeiro mes de novembro na 14ª edición do “Pinchorriño” cuio cartel difundiu a asociación patronal “ACIPOR” que organiza este evento coa colaboración do Concello do Porriño.
O “Pinchoporiño” está prantexado para promoción da hostalaría local, contribuir a desestacionalización do turismo e que siga a ser un reclamo para visitantes do resto da área metropolitana.
Como é habitual a oferta de tapas será os venres e sábados de novembro, entre as sete da tarde e as once da noite, cun prezo mínimo de consumición de 1,50 euros.
Os clientes que participen recibirán unha papeleta. Por cada catro consumicións selladas nos establecementos participantes poderán concurrir nun sorteo que este ano repartirá catro cheques compra no comercio local por importe de 100 euros cada un, e ademáis, como novidade, unha cesta de productos que regala “El Ultramarino” valorada en 150 euros.