A alcaldesa, Eva García de la Torre denunciou hoxe que “por quinto ano consecutivo castigase a Porriño con cero euros de inversións nos Orzamentos Xerais de Galicia”. Segundo o proxecto presentado pola Xunta ante o Parlamento, non aparece ninguna partida orzamentaria destinada a Porriño para 2020.

Eva García lembrou que “temos demandas históricas como novas garderías, a ampliación do Centro de Saúde ou a inversión para a descontaminación por lindano que son prioritarias e ás que non se dan resposta nun pobo en crecemento constante con máis de 20.000 habitantes”, engadiu.

“Quero mostrar o meu máis absoluto rexeitamento a estas contas que ignoran a Porriño”. A alcaldesa emplazou a Alejandro Lorenzo, candidato do PP nos últimos comicios locais e actual xefe da oposición “que dixou que se rompería a cara polos intereses de Porriño e que agora tería que estar pedindolle contas ó seu presidente provincial, Rueda como ó titular da Xunta, Feijóo de por que non se fan as inversións necesarias para Porriño”.