A Biblioteca do Porriño informa da apertura do plazo de inscricións para as actividades formativas do último trimestre do ano que denomina “Traballando na aprendizaxe permanente”. Trátase de accións non académicas que teñen como obxectivo o desenvolvemento do cidadán no plano laboral, social e persoal para afrontar as necesidades dun presente sempre cambiante.
“Curso básico para aprender a falar en público“
Nese marco organiza un “Curso básico para aprender a falar en público“, que se celebrará durante o mes de outubro, os venres de 17:30 a 20:00 horas na Biblioteca. Esta actividade está dirixida a todas as persoas que desexen mellorar a súa capacidade comunicativa ante grupos, ou para quen necesite expoñer traballos finais de carreira, ante xuntas directivas, etc.
A actividade formativa, será impartida por Llerena Perozo Porteiro, especialista en teoría e práctica da comunicación, desenvolverase durante os venres do mes de outubro (4, 11, 18 e 25). Trátase dun curso para un grupo reducido dun máximo de 18 persoas. É necesario inscrición previa (de forma presencial na biblioteca, ou a través do teléfono 986337624) e a condición de socio/a da rede de bibliotecas de Galicia. Como sempre, terán preferencia as persoas empadroadas no Porriño.
“Grupos de conversación de inglés”
Os grupos de conversación en inglés son unha actividade que pretende o perfeccionamento do inglés a nivel oral, a través dun grupo de conversa guiado e reducido. Non son clases de idioma, senón un espazo no que mellorar os coñecementos e perder o medo a falar, nun ambiente distendido. Os participantes conversan entre eles, coa guía e asesoramento dunha titora que os corrixe e guía ao longo dunha hora. A titora será María Platas Alonso, docente de lingua inglesa.
Haberá dous niveis de aprendizaxe: un grupo de nivel básico e outro grupo de nivel medio. As sesións celébranse na biblioteca todos os martes do 5 de febreiro ao 28 de maio, e do 1 de outubro ao 26 de novembro. O horario: entre as 18:00 e 19:05 horas para o nivel básico, e entre as 19:05 e 20:05 para o nivel medio. No caso de existir prazas dispoñibles, unha mesma persoa pode inscribirse nos dous niveis, e, xa que logo, asistir aos dous niveis seguidos dende as 18:00 ata as 20:05.