O vindeiro xoves día 3 de outubro, Concello do Porriño, a asociación de comerciantes ACIPOR e a asociación de hostaleiros AHOSPOR farán balanzo da XXVI edición da Festa dos Callos que se celebrou onte.
Os datos provisionais “son moi satisfactorios ainda que a choiva, sobre todo na tarde, restou algo de participación, a pesares de que Porriño estaba de bote en bote” valorou Sergio Casal, concelleiro de Comercio.

José Manuel Fernández, presidente de AHOSPOR cifrou en 22.000 o número de racións de acllos vendidas polos 37 establecementos que este ano participaron na Festa dos Callos. “Non chegamos ás 25,000 que agardábamos por culpa do tempo”, indicou.

Non obstante o vindeiro xoves “realizaremos un balanzo máis polo miudo” manifestou Noelia Conde, xerente de ACIPOR aproveitando a reunión que xa ten convocada.
Ese día, ás 18 horas,o concelleiro de Comercio e os dirixentes de ACIPOR a AHOSPOR reuniránse no salón de sesións do Concello para iniciar os preparativos da vindeira edición do “Pinchorriño”.