O mércores 22 arranca a decisosexta edición do Festival de Cans. Aínda que a programación comeza dende primera hora da mañán, os actos máis sobranceiros terán lugar de tarde co “Día dos Veciños” que se desenrolará a partir das 21 horas no Torreiro.
Entre diferentes actos, destacamos a presentación do libro “A grande epopea do pianista de Cans”, obra de Xosé Antonio Perozo, cuia edición subvencionou o Concello de Porriño. Unha parte da edición repartiráse próximamente entre o alumnado dos centros de ensino secundario da cidade e tamén entre a veciñanza de Cans.
Previamente terá lugar a Homenaxe ó Can de Pedra e descuberta do traxe deste ano coa música das Pandereteiras de Cans e a colocación do Chimpín de Prata a Paz Acuña e Rafa Gónzalez.

Este ano haberá 15 curtametraxes a concurso na sección oficial e de xeito paralelo unha intensísima actividade de mesas redondas e coloquios. Entre eles, de xeito sobranceiro, co director Rodrigo Sorogoyen e os organizados pola Fundación AISGE. Entre os actores e actrices que pasarán pola parroquia porriñesa citar a Leonor Waitling, Isabel Blanco, Miguel de Lira, Mariana Carballal, Raquel Espada e Carlos Blanco que recibirá o Premio “Pedrigree” en recoñecemento a súa traxectoria.
Suliñar asimesmo as actuacións musicais entre as que destacan “Marlango” (venres 24 ás 20.30 h.) e o Gran Wyoming e o seu grupo “Los Insolventes” que tocarán no concerto de peche, na medianoite do sábado 25.

O Concello de Porriño mantén a súa achega de 20.000 euros ó Festival de Cans, renovada de xeito recente mediante convenio coa asociación cultural “Arela”, organizadora do evento. A aportación municipal que fora incrementada no 2018 polo goberno municipal que preside Eva García, supón reeditar a maior achega económica do Concello ó longo da historia do Festival de Cans.
O apoio do Concello non se reduce a esa subvención senón que ademáis é loxística xa que diversas concellerías cooperan para resolver cuestións de Seguridade, tráfico, Limpeza, Vías e Obras vencelladas ó desenrolo do festival.