O vindeiro mércores 11 de marzo será presentado públicamente o IV Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Porriño nun acto que se celebrará no Centro Cultural Municipal ás 20 horas,
A Corporación Local aprobou por unanimidade no recente pleno de febreiro, este IV Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Porriño que estará vixente para o período 2020 / 2024.
Na súa exposición, Cami Moreira, concelleira de Igualdade explicou que “o Concello como administración máis preto da cidadanía ten un papel relevante no fomento de oportunidades entre mulleres e homes como medio para a construción dunha sociedade máis xusta”.
Segundo argumentou”parte da función dende unha administración pública tamén é impulsar políticas activas que garantan a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.”, dixou Cami Moreira.
Este IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes aborda 7 eixes de intervención con 54 medidas de acción; como son:
+A Promoción da Igualdade na Política Municipal.
+Emprego e Conciliación da Vida Persoal, Laboral e Profesional.
+Coeducación, deporte e calidade de vida.
+Urbanismo, Mobilidade e Seguridade.
+Atención a situacións de vulnerabilidade.
+Empoderamento e participación.
+A Violencia de Xénero
A responsable da Concellería de Igualdade explicou que “dende este concello, hai unha clara aposta por medidas de carácter estrutural con vocación transformadora e de permanencia que permitirán incorporar a perspectiva de xénero a toda a política municipal”. “Por iso agardamos a implicación de todas e todos, sabendo que esta é a receita para chegar á efectividade dos resultados”, engadiu Cami Moreira na súa exposición ante a Corporación Local.
A concelleira solicitou a todos “fagámonos cómplices e aportemos para que un Porriño igualitario, inclusivo e intolerante coas inxustizas e co machismo, sexa posible” manifestou.
Por último Cami Moreira lembrou e citou a Concepción Arenal: “A sociedade non pode en xustiza prohibir o exercicio honrado das súas facultades á metade do xénero humano”.