A Xefatura da Policía Local que coordina o curso “Conduce con xeito” anunciou o aprazamento da cuarta quenda que debería celebrarse este vindeiro sábado día 2, ante a previsión de mal tempo que hai.
A quenda non se perderá senon que será trasladada a outra data, segundo indicou o inspector xefe da Policía.
Ata de agora por este curso de conducción segura, gratuito e patrocinado polo Concello cos cartos das multas de tráfico, pasaron ó redor de 60 veciños e veciñas de O Porriño.
Catro pilotos de rally, entre eles Ivan Ares e José Pintor, campeóns de España en 2017, xunto cos locais David Gónzalez, de Porriño e o mosense Miguel Rodríguez imparten as súas ensinanzas nas partes teórica e prática deste curso. Ademaís colaboran varios axentes da Policía Local do Porriño que coordina a intendencia e loxística deste curso, baixo a dirección da concelleira de Seguridade, Lourdes Moure.
Os participantes se seleccionan por grupos de idade e de xeito paritario ó longo dos meses de outubro, novembro e decembro, sempre en sábados.