A Alcaldesa de Porriño, os concelleiros do goberno municipal e os voceiros dos grupos políticos da Corporación Local encabezaron a concentración de repudia polos sucesos de Torneiros e para mostrar o apoio de Concello de Porriño ás familias de xitanos zamoranos. Representantes das familias de xitanos zamoranos, entre eles, familiares directos dos feridos, tamén acudiron e participaron na concentración.
“Queremos mostrar o noso máis firme rexeitamento a calquera tipo de violencia, queremos subliñar que non se trata de liortas entre xitanos senón que foi un atentado contra a convivencia pacífica e que non se pode aceptar que se pretenda aplicar unha ‘lei’ non escrita, senón que estamos nun Estado de Dereito con leis iguais para todos”, dixo a alcaldesa.
Eva García cos voceiros dos grupos municipais ó seu carón, enagadiu que “os zamoranos son os nosos veciños, viven e traballan en paz coas súas familias en Porriño dende hai moitos anos, de tal xeito que non podemos permitir que algún queira alterar esa convivencia pacífica, concluíu.
A continuación gardouse un minuto de silencio en sinal de rexeitamento polos feitos acaecidos en Torneiros.
No nome das familias de xitanos zamoranos asentados en Porriño e tamén no nome do pai da rapaza que aínda permanece hospitalizada por ferida de bala, falou Luís León. Comezou dando as grazas á alcaldesa e os grupos municipais da Corporación pola súa solidariedade. Dixo que “no nome de Angel, o pai da nena ferida, quero trasladar que a rapaza atópase estable” e trasladou o agradecemento de “todas as familias de os zamoranos que levamos moitísimos anos vivindo e traballando en Porriño onde todo o mundo coñécenos e non somos ningún clan “, matizou o voceiro.
Tamén falou brevemente o pai do rapaz que tamén fora ferido de bala nun brazo e que xa se atopa no seu domicilio “convalecente con moito malestar e dor pero felizmente fora de perigo”, segundo manifestou.