O ADIF confirmou hoxe a Eva García, alcaldesa de O Porriño que maña martes día 10 abriranse as plicas das empresas interesadas no proxecto de supresión do paso a nivel existente no centro urbán da vila. A resolución deste concurso “será inminente e desarrollase en tres fases, sendo a primeira o estudio xeotécnico” segundo manifestaronlle responsables do Administrador de infraestructuras Ferroviarias á alcaldesa do Porriño.
Eva García de la Torre trasladouse hoxe a Madrid e reuniuse na sede de ADIF con María Luisa Domínguez Gónzalez, directora xeral de Proxectos e Planificación e dous técnicos deste departamento reponsables da licitación. A alcaldesa valorou que “a reunión foi moi ben”.
Segundo as explicacións recibidas “confirmaronnos que mañá martes abriranse as plicas para coñecer as ofertas das empresas interesadas na primeira das tres licitacións que se desarrollarán, que corresponde ao estudio xeotécnico e de xeito inminente, en tres semanas, adxudicarase” explicou Eva García.
As dúas seguintes licitacións serán para resolver o proxecto básico e finalmente o proxecto constructivo.
Para a alcaldesa de O Porriño “non hai dúbida de que ADIF ten o firme propósito de eliminar ese paso a nivel”.
A solución técnica que se prantexa é mediante a depresión da rasante da vía férrea polo que ADIF inclue na licitación do proxecto a realización de sondaxes e estudio xeotécnico para dispoñer dunha valoración axustada do orzamento que terá a obra.
A reunión de hoxe foi continuidade das xestions realizadas no mes de setembro de 2019 e anteriormente en agosto de 2018 pola alcaldesa Eva García coa presidenta do ADIF, Isabel Pardo de Vera cando lle trasladou a proposta unánime dos grupos municipais e dos colectivos sociais e económicos de Porriño para suprimir o paso a nivel como evidenciouse na histórica manifestación celebrada o 1 de xuño dese ano.
O paso a nivel existe en Porriño dende 1948. A súa supresión é unha demanda histórica que se reforzou a partires do accidente de hai catro anos cando o Tren Celta descarrilou por exceso de velocidade o que provocou catro mortos e perto de medio centenar de feridos.