Un apretón de mans sellou o acordo entre Consellería de Sanidade e Concello de Porriño para que ambas administracións poñan o máximo empeño en axilizar prazos e execución da ampliación do Centro de Saúde da vila. O compromiso establece que en dous meses licitaráse a redacción do proxecto.
O Conselleiro, Jesús Vázquez Almuiña e a Alcaldesa de O Porriño, Eva García de la Torre escenificaron a firma do convenio polo que o Concello cede unha parcela anexa e comprometese a prestar os servizos e suministros necesarios para a posta en funcionamiento do Centro de Saúde. Pola súa banda, a Consellería executará a obra de ampliación e se encargará da dotación de material e persoal.
Conselleiro e Alcaldesa presidiron a reunión celebrada este mediodía na sé da Consellería en Santiago. No encontro estiveron os concelleiros do grupo EU Son, Pedro Ocampo e Blanca Francés, invitados pola alcaldesa a formar parte da representación municipal en recoñecemento ó seu protagonismo na reivindicación desta mellora sanitaria. Pola banda da Consellería, Vázquez Almuiña estivo acompañado por Alberto Fuentes, secretario xeral técnico, e por Antonio Fernández Campa. Xerente do SERGAS.


A reunión foi producto de que o conselleiro de Sanidade atendera a queixa recente formulada polo Concello de Porriño por unha descortesía institucional por non ter recibida información alguna do Conselleiro nin do seu staff sobre a licitación da redacción do proxecto comunicada hai uns días polo Sergas a través dunha nota de prensa.