A carreira San Silvestre 2022 Concello do Porriño disputarase o 30 de decembro. Terá un percorrido moi accesible, urbano, de tan só 2 quilómetros e estará aberta a todas as idades.

O comezo da carreira será ás 17:00 horas, con saída desde a praza Arquitecto Antonio Palacios. Todos as corredoras e corredores deberán estar na zona de saída 10 min. antes do comezo da proba.

O evento conta coa particularidade de que cada corredor depositará unha unidade de productos infantís, alimentos e productos de hixiene para bebés, os cales serán distribuidos entre as familias do Concello con menos recursos.

A inscrición pode formalizarse ata o 28 de decembro ás 00 h na seguinte ligazón: 

San Silvestre 2022-2023 Concello do Porriño