A Interrunning Club e o Concello do Porriño organizan a  a II Carrera de Emrpesas-XIII Interrunning, unha fusión de eventos que se desenvolverá o domingo 6 de outubro.

Así, tras o éxito da primeira edición, as empresas galegas terán de novo unha cita deportiva na Vila do Louro que a organización prepara xa con moito mimo para sorpender aos/as runners, sexan de empresa ou populares.

Na II Carrera de Empresas-XIII Interrunning  pode participar calquera persoa maior de 16 anos de maneira individual ou por equipos (de 2,3, ou 4 participantes de mulleres, homes ou mixto), camiñando na andaina de 6 km ou correndo as probas de 5K ou 10K. Para os/as máis pequenos/as  haberá unha proba de 100 m.

Intrerrunning con espírito solidario

O evento seguirá tendo un espírito solidario, e como o ano pasado a Asociación Bicos de Papel, de axuda aos/as nenos/as oncolóxicos/as do Hospital Álvaro Cunqueiro, será beneficiaria. Este ano súmanse SOS Porriño e a delegación porriñesa da Asociación Española Contra o Cancro.

As inscricións xa están abertas e poden formalizarse en EMESPORTS.ES , a plataforma de inscricións da proba. Podése acceder a ela directamente a través da ligazón https://emesports.es/eventos e estarán abertas ata o 2 de outubro.

A práctica deportiva dos empregados relaciónase directamente coa mellora do seu rendemento e desempeño laboral

Interrunning Club

Desde a organización inciden en que a “práctica deportiva dos empregados relacionase directamente coa mellora do seu rendemento e desempeño laboral. As empresas que apostan polo talento saben que o seu persoal espera que se preocupen pola súa saúde e benestar en todas as súas dimensións”.

O benestar, é unha prioridade indiscutible e un dos grandes retos aos que se enfrentan actualmente os departamentos de RRHH, por isto dende a organización agardan “a máxima participación nun evento que aposta en coidar ao detalle a todos os participantes” e con convite especial “ao entorno empresarial e deportivo”.

Dende a Interrunning Club animan ás empresas a “axudar aos seus empregados a facer deporte, como unha forma de demostrarlles que a empresa se preocupa polo seu benestar en todos os sentido, ademais de aportar outras moitas vantaxes que o fan imprescindible e case urxente”.