Oito stands de librarías, quince actos de presentacions, coloquios e firmas de libros e vinte autores que estarán presentes, son alguns dos números máis salientables da IV Feira do Libro de Porriño que arrancará o vindeiro 9 de maio. Entre os escritores que pasarán pola Feira estarán Ledicia Costas, María Soliño, Raquel Castro, Sonia Mirón ou o porriñés Diego Giráldez co seu libro “Hotel para coleccionistas” publicado recentemente por “Edicions Galaxia”.
Unha das actividades novidosas deste ano esta vencellada cos actos de lembranza á figura de Antonio Palacios que está a realizar o Concello de Porriño. Consistirá nun “roteiro” polas obras que legou o arquitecto na súa cidade. O percorrido será guíado por dous especialista na obra de Palacios: Xosé Ramón Iglesias e Xosé Ramón Paz Antón e terá lugar o sábado 11.
A Feira do Libro amosa “a aposta cultural e pola educación que fai o Concello de Porriño desde que nós chegamos ó goberno municipal”, dixou Lourdes Moure, concelleira de Educación na roda de prensa de presentación celebrada hoxe que compartiu co Delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves. O delegado da Xunta salientou que “feiras como esta de Porriño contribuen como instrumento para promocionar a lectura xa que ainda Galicia está por debaixo da media de España”.
Este ano o lema da Feira é “Máis que palabras” no que constitue unha pequeña homenaxe a Antón Fraguas, o autor que este ano lembramos co gallo do Día das Letras Galegas, segundo explicou Nani Ferreira, coordinadora de ferias da Federación de Librarías de Galicia.
A Feira abrirá ás casetas o xoves 9 de maio ás 19 horas. Coa lectura do pregón a cargo da escritora mosense Clara Do Roxo. Coma sempre, estableceránse na rúa peonil Ramón Gónzalez en horarios de mañán e tarde.