Todo un record de participación con 123 mulleres inscritas evidencia unha extraordinaria resposta que tén recibido o curso de “Defensa Persoal Feminina e Protección Xurídica contra Violencia de Xénero, que organiza o Concello de Porriño a través da Policía Local. Ainda que a meirande parte son de Porriño e bisbarra, tamén hai mulleres de Vigo e Pontevedra que se inscribiron. “De calquera idade e profesión: hai desde rapazas de 12 anos ata mulleres de 65 e de todo tipo de traballos avogadas, sicólogas, amas de casa, estudantes, xubiladas… Estamos encantados da resposta obtida que supera calquera previsión que poideramos ter de antemán”, valorou Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local que coordina a organización.
Por este motivo, para garantir o aforo e a comodidade para o desenrolo das clases, o curso impartiráse na pista 1 do Pavillón Municipal de Deportes. “As mulleres serán repartidas en grupos de dezaoito para que cada monitor poida ensinarlles do mellor xeito”, segundo explicou o Inspector Xefe que ofreceu a roda de prensa coa presenza de Eva García, alcaldesa de Porriño, a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure e mailos monitores que levarán as clases de adestramento.
As clases comezarán pasado mañán, dia 4 e impartiránse durante os tres seguintes sábados do mes de maio.
Unha gran novidade deste curso é que tamén proporcionará ás mulleres participantes formación xurídica sobre lexítima defensa, uso proporcional e medo insuperable que ofrecerá o maxistrado Juan José Trashorras.
“O que faremos será intercalar as clases prácticas de defensa persoal coa formación xurídica que impartirá o maxistrado para resulta máis levadeiro”, indicou o Inspector Xefe da Policia Local. Ademaís o último sábado do curso haberá outra novidade para comprobar a efectividade da apredizaxe entre as mulleres participantes e a súa capacidade de resposta, segundo anunciou Daniel Rodríguez.

Tamén presentouse na mesma roda de prensa o curso de “Violencia de Xénero: ámbito xurídico e tecnolóxico forense”, adicado ó persoal dos Corpos e Forzas de Seguridade e profesionais que interveñen na atención e investigación desta casuística. Impartiráse no Centro Cultural Municipal a partir do luns 6. As sesions continuarán diariamente ata o venres 10. Actualmente conta con 25 inscritos.
Neste curso participarán como instructores dende responsables policiais ata profesionais do mundo de Dereito. Entre os relatores están anunciados Santiago Martínez, Oficial da Policía Local de Vigo; José Manuel Alonso Regueiro, xefe da Unidad de Atención á Familia e á Muller da Comisaría de Vigo, a maxistrada Belén Rubido, xuiza decana de Pontevedra e titular do Xulgado Penal nº 4 e Juan Sagredo, fiscal coordinador da área de Vigo.