Deputación de Pontevedra, a través do organismo “Turismo Rías Baixas” acollerá mañan mércores 29, unha nova presentación da IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de xuño. Trátase dunha acción informativa de ámbito provincial que complementará a presentación previa que se fixo no Concello de Porriño o pasado 20 de maio. A esta comparecencia en Pontevedra asistirán Eva García, alcaldesa de Porriño, Santos Héctor, deputado provincial delegado de Turismo e representantes da patronal local ACIPOR e do sector de panaderías de Porriño.


Lembremos que na IV Feira do Pan que apoia o Concello haberá 16 stands que acollerán ás oito panaderías de Porriño así como a diversas marcas e produtos convidados. Abrirán o sábado 1 de xuño ás 10 horas, na praza de San Benito, aínda que o pregón inaugural será a mediodía a cargo de Carlos Alvarez. Ese mesmo día, a Feira albergará un “show cooking” mediante maridaxes de pan de Porriño con diferentes produtos en diversas posibilidades culinarias a cargo do centro EFA A Cancela de As Neves”, segundo comentou a presidenta de Acipor.
Habilitarase tanto o sábado como o domingo unha carpa na Feira para que o público que o desexe poida xantar alí.
De novo a Feira do Pan do Porriño celebrará un certame alcumado “Empanadas no Ring” que tivera moita sona cando incorporouse o ano pasado.
O domingo 2, Acipor e os panadeiros porriñeses propoñen que todos os veciños e veciñas dispostas acudan a un almorzo “Brunch” con Pan do Porriño (prezos: 5 € adultos; 3 €, infantil). Tamén na última quenda da Feira terá lugar a “Cata de pans convidados” na que se medirán pans de Porriño, Cea, da Moa, Fisterra e o portugués Broa de Avintes.
Con este certame Porriño volve a reivindicarse como “a capital galega do pan” mentres agarda pola certificación de orixe que “aínda segue en tramitación e agardemos que non demore moito máis o rexistro da marca ‘Pan de Porriño’ que estamos a xestionar ante a Xunta de Galicia”, segundo manifestou José Manuel Fernández, no nome dos panadeiros locais.