A administración municipal de O Porriño remitiu á Deputación o texto da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello para a súa publicación en el Boletín Oficial da Provincia (BOPPO), requisito imprescindible para completar a aprobación definitiva deste documento. Non obstante a súa entrada en vigor será diferida conforme pactaron comité de persoal e goberno municipal. Será a partires do 1 de xaneiro de 2020.
A “RPT” establece que a plantilla do Concello sexa de 105 traballadores máis 20 que serían de nova creación. Determina o organigrama administrativo e establece doce departamentos.
Lourdes Moure, concelleira de Persoal e Fazenda valorou que “deste xeito resolvese unha eiva despois de 15 anos de enquistamento con gobernos e alcaldes anteriores”.
“Estamos diante da primeira Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello que iguala ós funcionarios de O Porriño cos concellos limítrofes tanto en tarefas coma en retribucións”, suliñou a concelleira Moure Varela, que lembrou que “tratase de un feito histórico xa que regulará tanto as tarefas coma as retribucións dos funcionarios como do persoal laboral”.
A aprobación inicial da RPT realizouse no pleno municipal do 6 de maio e a definitiva na recente sesión do 30 de outubro. En ambos casos por unanimidade. Ó respecto Lourdes Moure díxou que “boa proba de que fixemos os deberes é que o comité de persoal agradeceu a a esta concelleira o traballo feito ata acadar este acordo unánime”.
O catálogo de postos de traballo e organigrama municipal negociouse polo goberno municipal coa xunta de persoal. Os delegados de UXT, CCOO, CIG e CSIF aprobaron o documento por unanimidade.