A Policía Local de O Porriño realizou 155 denuncias por incumprimentos diversos das medidas de confinamento, ata a mañán día de hoxe e durante as tres tres semanas transcorridas dende que se decretou o estado de alarma.
O número de denunciados medrou hoxe venres, xonada na que se impuxeron 16 denuncias ata o mediodía.
A meirande parte dos denuncíados son veciños de Porriño pero tamén hai foráneos e transeúntes de Vigo, Tomiño, Mos, Salceda, As Neves e outros concellos da contorna.
A infracción máis recorrente é sair a pé ou no coche dar unha volta carecendo de motivo xustificado. En cambio, as denuncias por infrinxir ou propasarse co pretexto de sacar o can, rebaixaronse.
Hai varios reincidentes. Destaca o caso dun veciño de Pontellas que xa acumula tres denuncias por infrinxir o confinamento saíndo a pasear coa súa bicicleta sendo interceptado polas patrullas policiais en diferentes puntos do termo municipal.
Todas as denuncias son remitidas á Subdelegación do Goberno que se encaga da súa tramitación, valoración dos feitos, imposición da coantía da multa e xestión da mesma. As multas por incumprimento do estado de alarma van dende os 600 euros ata os 30.000 euros, segundo graos.
Tan só nun caso dun vecino de O Porriño, a Policía Local deu conta tamén da denuncia ao Xulgado pola gravidade do desacato. Tratase dun “sen teito” que tivo unha conducta desconsiderada coa patrulla policial.
Por outra banda, a Policía Local e o Concello de O Porriño “queren agradecer o comportamiento maioritario da veciñanza que observa correctamente o confinamento así como daqueles cidadás que colaboran e avisan ás forzas de seguridade para alertar sobre o comportamento insolidario dalguns”, segundo manifestou Lourdes Moure, concelleira de Seguridade.
Asimesmo a concelleira agradeceu no nome do Concello “o traballo de todos os colectivos profesionais que están a protexernos profesionais sanitarios, servizos de limpeza, forzas e corpos de seguridade do Estado e de xeito particular á Policía Local do Porriño que está ao pé do cañón as 24 horas do día”, engadiu Moure Varela.