A Policía Local do Porriño denunciou a un home, de 34 anos de idade, por conducir ebrio levando a tres menores de idade no vehículo.
Os feitos aconteceron ás 1 h do día 10 de marzo, cando no marco dun control preventivo de alcoholemia e seguridade cidadá na Avda. Buenos Aires, se da o alto a un vehículo e se require ao condutor a realización da proba de detección alcohólica, arroxando un resultado positivo cunha taxa de alcol de 0,81 mg/l en aire espirado.
O condutor está investigado por un presunto delito contra a seguridade vial por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas. Cabe destacar que no interior do vehículo viaxaban tres nenos, polo que se inmobiliza o vehículo no domicilio do investigado, coa súa autorización. Ao tratarse de menores, dende a xefatura da Policía Local do Porriño deuse conta, ademais da fiscalía, aos servizos sociais do seu concello de procedencia.
A efectividade dos controis de alcoholemia e drogas ponse de manifesto co balance do último ano. No referente ás probas de alcoholemias positivas, vese unha redución dun 30% respecto do último ano, logo de estar dende o ano 2018, incrementándose paulatinamente. O 82% das mesmas foron detectadas en controis establecidos, o 18% pola comisión dunha infracción de tráfico, o 11% por presentar síntomas de alcoholemia e o 2% por accidente. Nos mesmos controis detectáronse 42 positivos en drogas.
Ver insights y anuncios
Todas las reacciones:
1010