A Policía Local de O Porriño denunciou a 28 persoas durante a primeira semana do estado de alarma por infrinxir as restriccións impostas polo Goberno. A meirande parte das denuncias por incumprir a limitación da movilidade sen causa xustificada.
Todos os denuncíados enfrentanse a sancións económicas que poden oscilar entre 601 € e 30.000 € en función da gravidade. A tramitación e notificación desas sancións será realizada pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra (segundo o cadro adxunto de sancións)

Entre os infractores sorprendidos polos axentes da Policía Local de O Porriño destaca un caso, o do único reincidente que xa acumula dúas denuncias por saír a pasear en bicicleta, sendo cazado unha vez en A Guía (Atios) e outra no paseo do río Louro.
Entre a casuística diversa de denuncíados aparecen situacións tan singulares coma un veciño que dicía que regresaba do supermercado pero non traía nin bolsa nin compra; outro que dicía que ía ao caixeiro e non levaba tarxeta algunha e o protagonizado por tres mozos que foron sorprendidos pola Policía Local tomando unhas bebidas que levaron consigo sentados na terraza dun establecemento pechado.

A Policía Local de O Porriño reitera, unha vez máis, que transcurrido un período de apercibimento dabondo, rematou o tempo da pedagoxía.
Namentres o Concello do Porriño quere agradecer o comportamento responsable da maioría da veciñanza que observa as restriccións que demanda o estado de alarma.