A Policía Local de Porriño informa de diversas actuacions de control do tráfico e da seguridade desenroladas nestes últimos días que deron como resultado a instrucción de dilixencias contra varios conductores por positivos, nalgún caso espectaculares, tanto por inxesta de alcohol coma por consumo de drogas.
Unha dotación da Policía Local de Porriño instruiu dilixencias a un conductor que presentaba una taxa de alcohol que multiplicaba por sete a legalmente permitida e tamén contra ó piloto dun ciclomotor que daba o cuádruplo da taxa permitida no seu caso.
Segundo informa Daniel Rodríguez, Xefe da Policía Local, as patrullas e controis que realizan os axentes deparan “unha media de 10 alcoholemias positivas ó mes, entre as que se denuncian por vía administrativa e as que se instruen por via xudicial”.
No que atinxe a positivos de detección de drogas na conducción, “son menos, ó redor dunha media de 4 ó mes”; sinalou o Xefe da Policía Local. Ainda que ás veces hai casos tan rechamantes coma un conductor detectado nun control que deu positivo en todalas drogas: heroína, anfetamina, metanfetamina, MDA, cocaína e cannabis. O conductor en cuestión fora denunciado e sancionado cunha multa de 1000 euros e retirada de seis puntos do carnet de conducir.
Por último no resumo de actuacions destas últimas datas, a Xefatura da Policía Local de Porriño informou que detiveron dúas personas, unha delas fuxida da Xustiza e requerida por un Xuzgado de Madrid e a outra detención vencellada cun caso de violencia de xénero.