A Concelleria de Vías e Obras rematou os traballos que veñen de permitir a conexión á rede de saneamento a 14 vivendas da parroquia de Budiño. As obras, como sinalou o alcalde accidental do Porriño, Manuel Carrera, abranguen o treito que vai dende a “popularmente coñecida coma rotonda do PPI-7 ata a ponte sobre a estrada da Xunta, en A Devesa”.
Este proxecto, financiado polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, supuxo un orzamento de 75.200€ e un mes de traballo do que so resta o pintado da estrada, que estará listo esta mesma semana.
Esta obra, ademais de espallar o saneamento para que chegue a veciñas e veciños do Porriño que ata o da gora non tiñan os seus fogares conectado ao mesmo, e de crear novas dúas derivacións en dous camiños da mesma zona, deixa lista xa a futura conexión coa nova tubaxe- feita de material de fundición e acorada con brida metálica-que está na ponte e que permitirá a Augas de Galicia acometer, en pouco tempo, os traballos xa previstos no resto da parroquia.
Como subliña Manuel Carrera, este novo treito é un paso máis no plan do Goberno local de que os porriñeses, “vivan onde vivan,sexa a parroquia que sexa”, reciban os mesmos servizos, un obxectivo que seguirá adiante, “se cadra con máis intensidade aínda”, ao longo deste 2017.