A campiona de xadrez Karen Zapata ofreceu unha charla-coloquio no Centro Cultural de Atios, invitada pola Concellería de Educación do Porriño, no que é unha nova iniciativa do proxecto ‘Xadrez nas Escolas’.

A xadrecista peruana animou ao público contando anécdotas moi divertidas da súa traxectoria e experiencia para explica aos asistentes todo o que hai que traballar para ter éxito. Zapata rematou a súa exposición cunha cita do famoso Walt Disney, “se o podes soñar, pódelo acadar”.