O Concello do Porriño, a través da súa Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón, vén a colaborar no desenvolvemento dunhas xornadas sobre crecemento persoal, que se celebrarán o vindeiro día 29 no Centro Cultural municipal ,ás 5 da tarde, que abordarán unha temática actual e importante como é o coidado do benestar individual, coñecer as ferramentas necesarias para facer unha boa xestión das súas emocións e sintomatoloxía.

“O Concello sempre apostou, e seguirá nesta liña, por mellorar na medida do posible a vida diaria dos seus cidadáns,neste caso abordando, as súas circunstancias emocionais, e seguindo a liña de actuación contemplada no III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades”

O obxectivo principal das xornadas é colaborar na cobertura das necesidades básicas dos veciños e veciñas do Porriño. A participación dos poñentes é totalmente altruísta e todos e todas eles e elas non dubidaron en participar no proxecto.

Solicítase que as persoas asistentes traian un produto perecedoiro ou non; principalmente e pensando nos máis pequenos : leite , galletas, cacao ou sucedáneos. Finalizada a xornada ,o recadado, se lle entregará ao Banco de Alimentos ou ao organismo que o mesmo Concello indique, ao fin de que desde alí se faga o reparto entre as familias máis necesitadas.

A presentación correrá a cargo da concelleira de Igualdade, Soledad Girón Girón e os distintos debates será moderados por José Luis Carnicero Carrera.

As relatorios son as seguintes: ‘A propósito do amor en parella’, a cargo de Manuel Conde, formación en Intelixencia emocional e PNL pola Universidade de Camilo José, socio fundador do proxecto ‘Falla con éxito’, director e fundador da Editorial Supérate; ‘Reiki, el viaje interior’, por Susana Míguez Silva, terapeuta, licenciada en Filoloxía Hispánica, mestra de Reiki; ‘1,2,3 Despierta’, por Mónica Martínez, coach especializada en superación de medos; ‘Unha forma diferente de comunicar’, a cargo de Javier Cebereiros, doutor en comunicación; ‘Sueña y gana’, por David Huerga Hierro, Xogador profesional de Póker, emprendedor e inversor, viaxeiro, aventureiro, aprendiz, apaixonado da vida; ‘Da medicación á reflexión’, por Stella Maris Méndez, Médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Coach especializada en Xestión de estres laboral crónico e prevención de Burnout en persoal Sanitario; ‘O reto de superar o imposible’, por María José Freire, educadora social especializada en intelixencia emocional, licenciada en Ciencias do Traballo, diplomada en empresas e actividades turísticas, formadora especializada en desenrolo e superación persoal e docente voluntaria en colaboración con diversas ONG´S.