A Concellería de Deportes acometerá, con cargo ao Plan de Obras 2017 da Deputación,a mellora do campo de fútbol de Atios, co cambio do céspede por un novo de calidade Fifa Quality Pro

A Concellería de Deportes, que dirixe Manuel Carrera, acometerá, con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2017, da Deputación de Pontevedra, a mellora do campo de fútbol de Atios, no que adestran e xogan 250 deportistas, dende rapaces ata os integrantes dos equipos de maiores dos Clube de Fútbol Carballo.

Manuel Carrera subliña que hai partes do campo que están xa sen herba o que teñen menos dun centímetro dela, o cal “é coma xoga directamente sobre asfalto” o cal causa lesións a todos aqueles que o utilizan.

O concelleiro lembra que esta obra é “un compromiso firme”, non so do seu departamento, senón, unha promesa persoal que abrangue, ademais, as obras nos vestiarios situados debaixo da grada, “obras que xa están contratadas”, e o acondicionamento exterior do campo.

O novo céspede que se colocará no recinto para substituír ao actual, que fora colocado en 2008, estará homologado coma “FIFA Quality Pro”, o que garante a mellor calidade posible en este tipo de céspedes.

O presidente da Unión Deportiva Atios, José Cerbreiro, que mantivo unha xuntanza con Carrera, agradeceu o interese e o apoio no so do Concello, senón, “particularmente de Manuel Carrera” que, salientou, asumiu un compromiso longamente agardado por todas e todos os deportistas que empregan a diario este campo.

A intención do Goberno local é que as obras empecen a finais da tempada actual, “no verán”, nos meses de xullo ou agosto, de xeito que o campo poida estar listo e a dispor de todos os equipos para o inicio da seguinte campaña.