O Concello do Porriño, dende a Concellería de Cultura, ofrece un novo servizo, o préstamo do piano de cola situado no vestíbulo do Centro Cultural Municipal, para ensaios de estudantes de música, opositores ou profesionais do campo musical.

Os interesados deberán acreditar: Un mínimo de estudos relacionados coa música, a través da presentación da matrícula nun conservatorio, academia ou centro especializado ou titulo pertinente; e capacidade de manexo do instrumento a través dun vídeo ou enlace onde se mostre a experiencia no uso do piano. (No caso de non poder acreditar mediante estudos).   

 

Entre as condicións, a Concellería de Cultura estableceu que terán preferencia as alumnas e alumnos da Escola Municipal de Música do Porriño, acreditándoo mediante a presentación da copia da matrícula, ou carta do seu profesor recomendando os ensaios co instrumento. Tamén terá prioridade as usuarias e usuarios menores de idade (ata 16 anos) deberán vir acompañadas dunha persoa adulta responsable.

O horario do centro para os ensaios será, de luns a venres, de mañá: de 10 a 12 hora, e de tarde: de 17 a 19 horas. O tempo máximo de duración do ensaio será de 2 horas por persoa. E poderán ensaiar un máximo de 3 persoas ao día.

As solicitudes faranse a través do correo electrónico cultura@oporrino.org indicando en asunto: solicitude de uso do piano, anexando o formulario normalizado e a documentación acreditativa pertinente en cada caso.

Para máis información consultar na web de Cultura.

Solicitude de uso do piano de cola