A alcaldesa, Eva Garcia comprobou este mediodía o avance das catas que se realizan cara á redacción do estudo xeotécnico, estudio de alternativas, proxecto básico e de construtivo para suprimir o paso a nivel no centro do Porriño. 

Estes traballos realizanse polas empresas “GOC” e “Prointec”, adxudicatarias do contrato por un importe de 854.602,78 euros (IVE incluido).

Estudos e probas previas

O proxecto en redacción permitirá eliminar o paso a nivel existente na cabeceira sur da estación de O Porriño. Os traballos xeotécnicos na contorna do paso a nivel incluen a toma de mostras e o análise do chan mediante calicatas, penetrómetros e sondaxes.

Eva García de la Torre, alcaldesa de O Porriño, que comprobou hoxe o desenvolvemento das catas, expresou o “agradecemento do Concello con Adif polo cumprimento dos compromisos adquiridos e pola búsqueda de financiamento a través da UE para materializar esta vella arela dos porriñeses”, segundo manifestou.

Cando remate o estudo xeotécnico, será posible no estudo das alternativas para determinar a solución máis axeitada para a supresión do paso a nivel.

Segundo adiantou ADIF, a futura actuación en O Porriño vai dispoñer de orzamentos a cargo dos fondos “Next Generation” da Unión Europea.