A concelleira de Educación, Lourdes Moure presidiu o acto de presentación da obra “A sombra das árbores” de Ana Abad de Larriva, gañadora do II Certame Roberto Vidal Bolaño para textos teatrais inéditos, escritos en galego, dotado cun premio económico de 2.000 €.
No acto celebrado no Centro Cultural Municipal de O Porriño, asistiron ademáis da concelleira e da autora asistiron Francisco Castro, director de “Editorial Galaxia” e Raquel Castro, en representación do Instituto de Ensino Secundario “Ribeira do Louro” .
O Concello de O Porriño sumouse a partir deste ano á organización do certame que convocaron o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia. Precisamente a editorial asinou coa gañadora do premio o correspondente contrato para a edición da obra galardoada que se presentou no Porriño.
Na súa intervencion, a concelleira de Educación lembrou que “a finalidade primordial deste Certame Roberto Vidal Bolaño é fomentar a escrita de textos teatrais en galego, dirixidos ó alumnado de Ensino Secundaria e Bacharelato e que poidan ser susceptibles de ser representados polos propios estudantes”.
Lourdes Moure engadiu que “o Concello de O Porriño acordou este ano reforzar o seu apoio a celebración deste Certame e imos mante-lo para o ano que ven cando celebremos a terceira edición” manifestou a concelleira de Educación.