Eva García, alcaldesa de O Porriño asistiu este mediodía ó inicio dos traballos de reforestación do espazo que ocupara a antiga “Canteira Ferro”, pertenecente a “Porriñesa de Canteiras S.A.” (POCASA).

O buraco da explotación de granito “Rosa Porriño” recheouse con 500.000 metros cúbicos de materiais procedentes de ata 150 obras, entre elas as da nova Estación de Vigo e da Autovía A-52. Os traballos de rehabilitación duraron 6 anos e remataran agora coa prantación de 1.000 piñeiros que iniciaron hoxe unha duzia de alumnos dos centros de educación especial “Aceesca”, do Porriño, e “Juan María”, de Nigrán, acompañados dos seus monitores. Precisamente por esa colaboración tamén acudiu ó acto deste mediodía Juan Gónzalez, alcalde de Nigrán.

Segundo informou Jorge Massó, responsable da firma “POCASA”, esta firma porriñesa “foi a primeira entidade en presentar un proxecto de rehabilitación ó abeiro do Real Decreto 975, non só en Porriño senon tamén en Galicia. Deste xeito liberase unha parcela de 3 hectáreas que deixa de ser mineira e devolvese ó Concello do Porriño, unha vez rehabilitada”, explicou o responsable da firma graniteira.

Eva García de la Torre declarou que “hoxe é un día moi importante para o Concello do Porriño porque comprobamos como faise realidade a recuperación dun espazo que estivo adicado á explotación mineira despois dun traballo inmenso e coa reforestación prevista, tamén vai mellorar o medio ambiente”. “Agardo que outras canteiras que estean en desuso ou esgotaran o seu ciclo de explotación pois tamén realicen axeitados proxectos de recuperación dos espazos e montes que ocuparon”, engadiu a alcaldesa de O Porriño.