Francisco Jiménez Gabarres foi o encargado de falar hoxe como voceiro do Consello de Participación Infantil de O Porriño durante as III Xornadas Formativas das Cidades Amigas da Infancia en Galicia que se celebra en Boqueixon.
Francisco, máis coñecido como Curro, é alumno do CPI da Ribeira e falou esta mañá sobre a pobreza.

No encontro coa conselleira de Política Social,Fabiola García, o voceiro da infancia porriñesa manifestoulle “non nos gustan os titulares que din que 1 de cada 4 nenos e nenas están en risco de pobreza na nosa comunidade. Seguiremos pedindo melloras nas políticas para que todos o nen@s poidan ver cumpridos o seus dereitos”, dixou o rapaz.

Despois a delegación de nen@s de Porriño, que acudiu acompañda por Noelia de la Fuente, responsable da OMIX do Concello, participou nun coloquio sobre “Experiencias en participación nos concellos galegos” xunto cos representantes de outras cidades declaradas “Amigas da Infancia”. que pechará as Xornadas.