A través de sendas cartas enviadas hoxe, a Alcaldesa do Porriño insta ós titulares das Consellerías de Sanidade e de Medio Ambiente da Xunta de Galicia a que nomeen e comuniquen os seus representantes na Comisión Especial para a Descontaminación de Lindano no Concello do Porriño.
A creación de esta Comisión Especial, previamente consensuada pola alcaldesa e os voceiros dos grupos municipais, acordouse formalmente en pleno pola Corporación Local. A estructura da Comisión Especial que se determinou incluía ás duas Consellerías citadas entendendo que a sua participación é indispensable pola natureza do asunto.
Por esta razón hoxe Eva García de la Torre dirixiu sendas misivas a Angeles Vázquez, titular de Medio Ambiente, e a Jesús Vázquez Almuiña, titular de Sanidade, lembrandolles a ambos a invitación a participar e que nomeen ás persoas que consideren para a devandita Comisión Especial.
Lembramos que segundo o acordo plenario, ademais forman parte da Comisión Especial, a alcaldesa e un representante por cada grupo municipal da Corporación, así como: un vogal pola Plataforma de Afectados do Lindano, un reprresentante por cada unha das tres principais centrais sindicais (UXT, CCOO e CIG), e finalmente un representante das tres asociacións veciñais de Torneiros (Relva, Alba e San Salvador)