A alcaldesa, Eva García de la Torre, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, presidiron este mércores a Xunta Local de Seguridade de O Porriño, unha xuntanza á que asistiron os concelleiros de Seguridade, Lourdes Moure, e de Tráfico, Orlando Márquez, e o novo xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, xunto con representantes municipales, da Garda Civil e Policía Autonómica.
Na xuntanza analizouse o estado actual da seguridade no Porriño, especialmente logo da reunión de onte da Gardia Civil cos responsábeis das policías locais para tratar das medidas antiterroristas que abrangue o nivel 4 de alerta.
A alcaldesa e a subdelegada salientaron a importancia da cordinación entre os Corpos e Forzas de Seguridade que no Porriño é “moi estreita” entre a Policía Local e a Garda Civil. Así mesmo, confirmaron que entre xaneiro e agosto deste ano, en relación co mesmo período de 2016, houbo un repunte das infracións penais no Porriño.