Eva García, alcaldesa de O Porriño vén de requerir perante un oficio ó Xefe da Policía Local para para que dea as ordes oportunas a fin de averiguar quen foi responsable do movemento de terras no barrio do Contrasto en Torneiros onde hai uns dias presuntamente apareceu lindano así como para determinar quen realizou outro acopio de terras en data anterior, entendendo que se trata aparentemente de dúas actuacions diferenciadas pero na mesma ubicación.
A investigación que xa iniciou a Policía Local pretende clarexar de quen é a responsabilidade do movemento de terras onde a Comunidade de Montes de Torneiros estaba, ó parecer, a realizar un muro de contención –obras das que tampouco tiña coñecemento este Concello- cando atoparon supostos restos de lindano, según a denuncia que fixo a propia Comunidade de Montes da que deu coñecemento á Xunta de Galicia pero non ó Concello de Porriño, como xa manifestamos no anterior comunicado do pasado martes 26.
Por outra banda, a investigación encargada á Policía Local pretende determinar a autoría doutro acopio de terras do que sí tivo coñecemento o Concello de Porriño pero nunha data anterior. Exactamente o 14 de marzo pola chamada dunha veciña de Contrasto-Torneiros. Unha patrulla da Policía trasladouse ata o lugar para acreditar a aparición do que semellaba ser lindano e procedeuse a súa retirada polo personal de Limpeza coas correspondentes medidas de seguridade para estes casos. Eses achados de suposto lindano están gardados nun bidón precintado a expensas do resultado das probas de laboratorio.