A Subdelegación do Goberno ordenou que as Forzas de Seguridade dean protección policial a Eva García de la Torre, alcaldesa de O Porriño despois da morte por acoitelamento dun dos seus cans. Aconteceu o pasado domingo, mentres Eva García atopábase en actos de campaña electoral. O autor ou autores entraron na súa vivenda particular e mataron a coiteladas unha cadela. O feito tivo lugar horas despois de que a alcaldesa de Porriño tivera varias comparecencias en medios de comunicación nas que expresou o seu apoio e solidariedade ós xitanos zamoranos logo dos sucesos de Torneiros.

A alcaldesa de Porriño fixo hoxe unha declaración para os medios informativos na que sinalou que “se alguén pretende amedrentarme para non cumpra coas miñas obrigas e responsabilidades, equivocase. Non vou dar un paso atrás. Se hai un clan mafioso que pretenda facerme unha advertencia para que non chame ás cousas polo seu nome, trabúcanse. A miña obriga como alcaldesa de  Porriño é defender a todos e cada un dos  veciños con independencia da súa etnia, relixión, orixe e condición”. Eva García rematou a súa declaración instando á veciñanza de Porriño a “confiar na investigación policial que esclareza estes feitos e que estea tranquila porque vivimos nun pobo traballador, alegre e tranquilo”.