Eva García de la Torre agarda que o impacto do ERE que a firma “Levantina y Asociados de Minerales” propónse aplicar nos seus centros de traballo en España, “sexa moito menor do que temía a plantilla no caso da fábrica de Porriño”, manifestou a alcaldesa.
Despois “dunha ampla conversa” con Daniel Gil, director de Recursos Humanos de “Levantina”, a alcaldesa confía en que a dirección nacional de esta firma –cuia sede principal está en Alacant- valore “a importancia e rentabilidade” da factoría instalada no polígono das Gándaras de Budiño e “teño a sensación de que así será”, indicou Eva García.
Tendo en conta que as negociacions do ERE ainda continuarán ata o mércores e que as partes debense ó principio de confidencialidade, o directivo de “Levantina” e maila alcaldesa non entraron nos detalles. Non obstante Eva García mostrouse “razoablemente esperanzada de que o impacto do ERE na plantilla da fábrica de Porriño sexa moito menor”. Inicialmente falabase da eliminación de 33 empregos na factoría local segundo informaron os sindicatos UXT, CCOO e CIG que integran o comité de empresa. Lembremos que despois dunha reunión celebrada o pasado xoves 4 no salón de plenos do consistorio porriñés onde a alcaldesa recibiu ó comité de personal e traballadores da fábrica, Eva García comprometéuse realizar as xestions necesarias ante a dirección da firma granitera para facerlle chegar a inquedanza do Concello de Porriño polo posible impacto de ese ERE na perda de postos de traballo. A alcaldesa permanecerá “coas liñas abertas coa dirección e traballadores de “Levantina” á espera da mellor resolución das conversas que se manteñen”.