Lourdes Moure, concelleira de Educación e Fazenda visitou e comprobou o resultado das obras de reposición do falso teito nas aulas de Infantil e arranxo dos baños no CEIP Fernández López que acometera o Concello de Porriño. A execución desta obra era unha demanda da comunidade educativa de este colexio que non fora atendida pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
“Despois de terse reiterado a petición sen acadar resposta afirmativa da administración autonómica, finalmente o Concello de Porriño decidiu asumir a súa execución con cargo ó orzamento do plan de obras que están a realizarse ata o final do presente mandato”, sinalou Lourdes Moure.
De feito a ANPA A Oliveira dese centro de ensino agradeceu no seu Facebook a colaboración prestada polo Concello de Porriño.