A aplicación das medidas para evitar a propagación da pandemia do coronavirus “Covid-19” motiva unha vaga de suspensións e cancelacións de actos públicos, feiras e festas no Porriño.
Ademais de para evitar a concentración de persoas, moitos de eses eventos non poderían celebrarse tampouco pola decisión do Concello de pechar diversas instalacións municipais como Centro Cultural, Biblioteca, Centro Cívico e Escola de Música, segundo acordouse onte.
De tal xeito, a Concellería de Cultura, Igualdade e Festexos confirma que SE SUSPENDEN:
– A presentación do ‘spot’ publicitario “Insistir, persistir, resistir e nunca desistir” da campaña pola igualdade co gallo do 8M que estaba prevista hoxe no Centro Cultural Municipal
– O Encontro de Corais que organizaba a Polifónica San Brais de Budiño que ía ter lugar mañá sábado na Igrexa de Santa María do Porriño
– As Masterclass de Banda que estaban a impartirse nos mércores deste mes na Escola Municipal de Música do Porriño
– A XXXII Feira Apícola das Rías Baixas que debería celebrarse o vindeiro sábado 21 cancelándose tanto as xornadas técnicas como a instalación de postos de venda
– A IX Mostra da Camelia que organizaba a AAVV San Salvador de Torneiros e que por tanto non se celebrará nas datas anunciadas de 28 e 29 de marzo.
– Tamén cancelase a representación teatral “As aventuras de Nabiza Girl”, con Isabel Risco que estaba para o venres 27 no Centro Cultural Municipal
– O VIII Festival de Bandas do Porriño que estaba previsto para o sábado 28
– “Ecopercussión”: suspendense tanto os obradoiros para escolares nos centros do Porriño que estaban concertados nas dúas próximas semanas como a exhibición final que estaba datada para o luns 30 de marzo.