Hoxe mércores, está convocada reunión dos representantes dos grupos municipais do Concello de O Porriño na Comisión Especial de Deslinde con Mos, a partires das 18,30 horas.
Trátase dunha reunión unha reunión preparatoria para unificar criterios e fixar unha posición común fronte a vindeira Comisión Especial de Deslinde que vai celebrarse o xoves 6 de febreiro, ás 16,30 horas xa que a anterior foi suspendida polo temporal. A nova convocatoria realizase no mesmo punto de encontro, no Cristo de Belén, para que os representantes municipais e veciñais de Porriño e Mos percorran a zona de litixio.
Cada Concello achega representantes dos grupos municipais de cada corporación; o secretario municipal e ademais veciños da zona en litixio.
No que atinxe a Porriño foron nomeados para integrar a Comisión a alcaldesa Eva García, o tenente de alcalde Pedro Pereira (BNG) e os voceiros do PP, Alejandro Lorenzo; Pedro Ocampo (EU Son) e Manuel Carrera (UDDL).
Na historia das relacións entre Mos e Porriño hai un antecedente recente de acordo entre ambos concellos acontecido en 2016. Entón a comisión coas respectivas alcaldesas ó fronte -como reflicte a imaxe de arquivo- acadaron o acordo de establecer o marco de deslinde entre ambas vilas no centro da rotonda do Cristo de Belén