A Concellería de Vías e Obras remite a partir desta semana unha convocatoria a todas as asociacións de veciños de todas as parroquias do concello para celebrar o vindeiro xoves 16, ás 20 horas, unha reunión no salón de plenos do Concello. A temática a abordar será que cada unha das AAVV manifesten as súas necesidades en materia de: bacheo, asfaltado e saneamento.
Na convocatoria ás asociacións de veciños que se cursará por correo electrónico, Lourdes Moure, concelleira de Vías e Obras indica que “Ademáis dos puntos citados, quedamos abertos a calquera outra necesidade que poidades prantexar, para porlle solución o antes posible, abrindo unha canle de comunicación que espero se manteña no futuro”.
Na reunión convocada para o xoves 16, ademáis da Conncelleira de Vías e Obras, estarán presentes Pedro Pereira, Concelleiro de Infraestructuras; Rafa Alonso, enxeñeiro municipal e Miguel Feijóo, encargado municipal de Obras.
Lourdes Moure explicou que esta reunión con todas as asociacións de veciños do concello “era un compromiso que tiñamos adquirido coas parroquias para celebrar a primeros deste ano e que nos servirá para priorizar as actuacións que palien as múltiples deficiencias que arrastra O Porriño, algunhas desde a época de Barros”.