A partires de hoxe e durante esta semana chega novo material para a Piscina Municipal de O Porriño que permitirá renovar e amplar o prexistente, dacordo as prioridades establecidas no Plan de Mellora de Suministros desta instalación deportiva que conta cun orzamento de 30.746 €. A partida subvencionase polo Plan Concellos 2019 da Deputación.

Na memoria explicativa que aportou o Concello do Porriño para xustificar a solixitude da achega económica “explicase que a Piscina Municipal inaugurada en 1.997 e cunha media de más de 70.000 usos anuais necesitaba actuacións que palíen as deficiencias que acumulou durante estes 22 anos en funcionamiento”, segundo sinalou David Alonso, concelleiro de Deportes.

Entre o material recibido figuran 87 táboas de natación grandes e medianas, 80 rulos, 48 cinturóns de aprendizaxe para adultos e infantís ou 24 mancuernas de aquaerobic, entre outros.
Asimesmo, ademáis do material deportivo para a instrucción, recibiuse tamén unha cadeira especial de rodas para uso da Piscina por persoas con discapacidades funcionáis e un robot limpiafondos para a limpeza diaria do vaso. Asimesmo, dada a elevada afluencia de usuarios e a formación de socorristas, solicitouse e rcibiuse un desfibrilador DESA.

Ainda falta acometer coa achega da Deputación, a sustitución das portas de acceso ó recinto así como as portas dos vestiarios adaptados que presentan un notable deterioro.