O derradeiro pleno municipal da corporación local de O Porriño en 2019 aprobou por unanimidade boa parte dos asuntos que configuraron a orde do día. Entre eles, o máis sobranceiro foi a adxudicación definitiva á empresa “Sociser Galicia” do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Tratase dun contrato por dous anos -prorrogable- que conta un orzamento de 1,9 millons de euros, segundo explicou o concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso.
Na sesión, de caracter ordinario, tamén aprobaronse por unanimidade varias altas no inventario municipal de camiños en Budiño ou en Pontellas así como a prórroga de concesión de supermercado na Praza de Abastos que ven ocupandose desde 2011.
Tamén aprobaronse por maioría, agás as abstencións dos 2 concelleiros de EU Son, para arrendamento de parcelas municipais para explotacións mineiras en Atios así como nos montes Carrascal, Laxedo, Cerola e Faro, entre outros.
No debate destes asuntos, o voceiro de EU Son cuestionou ó goberno municipal sobre o estado de cobro dos canons por parte das empresas mineiras. Pedro Pereira, concelleiro de Urbanismo respostou que en breve o Concello artellará procedementos xurídicos para a reclamación de débedas ós adxudicatarios que non estean ó día nos seus pagos.
A unanimidade rachouse en algúns outros asuntos como a moción presentada por EU Son para demandar da corporación municipal un acordo en contra do proxecto de universidade privada que promove ABanca. A moción foi derrotada polos 8 votos en contra do PP e 5 abstencións (PSOE e Manuel Carrera).