A Policía Local de O Porriño colaborou coa Garda Civil de Mos para frustrar esta madrugada un roubo no estanco de Mos acadando a detención dun individuo que estaba a forzar a entrada cunha palanqueta.
A intervención de axentes locais de O Porriño foi motivada pola chamada dunha veciña que alertou dos feitos. A Policía Local porriñesa deu aviso á Garda Civil de Mos. Unha patrulla da Policía Local acudiu en apoio da patrulla da Benemérita acadando entre ambas a detención do presunto autor, un varón de 45 anos que xa foi posto a disposición xudicial.
Segundo informa o Inspector Xefe, Dani Rodríguez non é a primeira vez que a Policía Local de O Porriño tén que acudir a outro concello, como hoxe en Mos, cando están a realizar unha persecución ou se está a cometer un delito “in fraganti” como contempla a Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade.