Este serán terá lugar unha sesión de lectura dramatizada da obra “Arquivos da Realidade”, de Julio Fer e Francisco Oti. No escenario habilitado na praza do Concello, a partir das 21 horas. A cargo da escola de teatro Xerpo, dirixida por Irene Moreira.

 
Mañá xoves haberá unha sesión de animación infantil. A compañía “Troula Animación” representará a obra “Unha de piratas”. As 18,30 horas, tamén no escenario habilitado na praza do Concello. A trama versa de dos piratas un tanto torpes que contan as súas aventuras en interacción cos nen@s  e realizando diversas habilidades malabares.


E finalmente o venres 5 está programado o concerto musical “Clave de Fado”. Tratase dun dos eventos previstos na programación cultural que organiza o Concello do Porriño coa colaboración da Deputación Provincial e a Xunta de Galicia a través de AGADIC e a Consellería de Cultura e Turismo.
Terá lugar no mesmo escenario na praza Arquitecto Antonio Palacios, a partir das 22 horas.

 
“Clave de Fado” é un grupo independente de música que naceu hai unha década. Como o seu nome propón, a súa música está moi influída polo fado portugués que mesturan coa cantiga galega.
O longo da súa traxectoria o ano 2014 marca un antes e un despois pois gravaron o seu primeiro disco que chamaron “Xanelas”. Para iso tiveron que realizar unha campaña de crowfunding e acadaron recadar os cartos necesarios para se costear a edición de seu disco no que contaron coa participación de Uxía Senlle, Dani López, David Otomuro ou Sapoconcho, entre outros.