Nove axentes da Policía Local do Porriño, entre eles o Inspector Xefe Daniel Rodríguez, acudirán o vindeiro xoves 4 como testemuñas ó xuizo que se celebrará na Audiencia Provincial polo desmantelamento dun “narcopiso” na nosa cidade.
O operativo iniciouse o 1 de abril de 2018 pola Policía Local de Porriño que realizou un seguemento da actividade sospeitosa que se localizaba no edificio nº 2 da rúa Foz. A partir de xullo, Policía Local do Porriño e a UDEV da Comisaría da Policía Nacional acordan desenrolar a operación de xeito conxunto baixo a tutela do Xulgado de Instrucción nº 2 de Porriño. Deste xeito realizaronse vixiancias autorizadas e comprobacións que permitiron determinar a existencia dunha actividade de venta de drogas ó menudeo a cargo da parella formada por Patricia Conde e Gerardo Riveiro.
Con todas a s probas reunidas pola Policía Local e a UDEV, o Xulgado autorizou a entrada, rexistro e detención da parella dentro do “narcopiso”, a vivenda 4ºC do edificio nº 2 da rúa Foz. A operación efectuouse o 27 de septembro e as dilixencias dan lugar a este xuizo que se desenrolará na Sala IV da Audiencia. No banquillo dos acusados tamén se sentará un tercer procesado Fernando Hernández Asensio, detido en Salceda de Caselas e considerado polas Forzas de Seguridade como un proveedor da droga que vendía a parella porriñesa.

Fiscalía solicitará para os tres procesado seis anos de cárcere.