Cun salón ateigado de público no Centro Cultural Municipal de Porriño, presentouse esta noite o libro “Antonio Palacios, unha viaxe por Galicia”, editado por “Engaiolarte” nunha edición de altísima calidade que sufragou o Concello de Porriño. Xosé Ramón Paz e Xosé Ramón Iglesias encargaronse da selección do material e dos textos explicativos dunha obra que amosanos facetas descoñecidas e apaixoantes do ilustre arquitecto porriñés.
Eva García de la Torre abriu o acto suliñando o seu orgullo personal por ter acadado ese material inédito dos cadernos de Antonio Palacios que posibilitou tanto a exposición que concluirá mañan no Centro Cultural Municipal coma a edición do libro que estaban a presentar. A alcaldesa manifestou que “é un motivo de grande satisfacción colaborar nesta proposta que desvela unha parte en certo xeito inédita do extraordinario arquitecto porriñés”.
Pola súa banda tanto Xosé Ramón Paz como Xosé Ramón Iglesias explicaron os criterios de selección do material atopado dando preferencia ós debuxos de Galicia, seleccionados dos cadernos de viaxes nos que Palacios debuxaba apuntes de mosteiros, igrexas, pazos e demáis mostras da arquitectura popular. Entre eses bocetos destacaron “pola súa capacidade premonitoria” un deseño dunha posible ponte sobra a ría de Vigo que Antonio Palacios imaixnou e esbozou nun apunte con décadas de antelación”.
O venres 29 será o derradeiro día no que permacerá aberta a exposición adicada a desvelar eses aspectos menos coñecidos do extraodinario arquitecto porriñés.